viernes, 18 de abril de 2025

CRUZ


CRUZ 

Cada Venres Santo levantamos o ollos ao Crucificado e contemplamos a obra grandiosa do amor de Deus. Cristo, colgado na árbore da cruz, rescata a condición humana asumindo as miserias da humanidade. O silencio queda fendido polo berro do sufrir, no que están os berros de milleiros de inocentes que cargan co estigma da exclusión e da pobreza, dos que son víctimas silenciosas dunha humanidade inxustamente instalada na desigualdade. Son os lamentos entrecortados dos que non saben nin entenden por que teñen que ser víctimas de guerras das que non son responsables. Son as bágoas de nais que teñen no seu colo os corpos inertes e mutilados de fillos paridos a un mundo que nunca aprende as leccións do pasado e das que se avergoña pero non decide. Son os soños truncados da mocidade solpeada por unha fuxida na que se converten en problema, en que se morren nunha travesía polo desreto ou no mar fuxindo da miseria acaban sendo un cadáver máis. É a morte silenciosa dun planeta lixado e facendo del un proveedor de beneficios. É o silencio de vellos e nenos, de orfos e viuvas, de mulleres golpeadas e homes nas trincheiras, de corazóns virtuais e corpos mercancía de placer.

E como moitas veces, os homes viran a ollada para outro lado. A cruz é escándalo e necedade, escándalo dun Deus que asume as vergonzantes miserias, e da a cara por aqueles dos que ninguén quere responder. Que da a cara polos culpables facéndose el mesmo víctima. Faise culpable dos delitos contra os inocentes, porque, Quen asume a responsablidade destas mortes? A fame de moitos queda no limbo dunha culpabilidade silenciosa. Pois Pilato lavou as mans... e nós tamén. 

E Cristo segue a ser o silencio dunha verba que fende na alma de calqueira Onde estás meu Pai? Por que me abandonas? Que dis meu irmán, que lle dis a Cristo cando promuncia este berro?

Necedade porque a morte non conduce a ningunha parte. Pensan moitos que pode facer ante o mundo devorador e insaciable, un home pendido nun madeiro. Necedade e riso dos que pasan onda a cruz e seguen a decir, se es o Salvador sálvate, fai un milagre máis para que creamos. Necedade para os que inventan palabras impronunciables que adormecen a moitos pensando que todo está ben e fan do crucificado un souvenir ou unha lembranza dun pasado que ocultamos baixo adornos superfluos.

A cruz converte a sin razón na mostra do razonable de Deus que ama sen fin. A cruz fai que a persoa humana recupere a súa liberdade, viva nunha esperanza que non ten lindes. 

Hoxe contempla a cruz e nela verás donde eltivo colgada a salvación do mundo. Vinde todos e adoremos.

1 comentario: