Hoxe poñemos a nosa ollada suplicante polo nosos anciáns.
Por eles e por todos, recemos
MISTERIOS GLORIOSOS
(Miércoles y Domingo)
1º Misterio: La Resurrección del Señor
As mulleres, entrando no sepulcro, viron un mozo vestido de branco, sentado no lado dereito, e quedaron espantadas. Pero el díxolles: “Non vos espantedes. ¿Buscades a Xesús o nazareno, o crucificado?. Non está aquí resucitou”. (Marcos 16,5-7)
o Hagamos memoria de la Resurrección de Cristo, centro de nuestra fe.
o Contemplemos la vida nueva que nace del Resucitado.
o Demos gracias por la Iglesia, mensajera de esperanza.
o Pidamos a la Virgen María, Nuestra Señora de la Franqueira, por los fallecidos a causa del virus Covid19, por sus familiares, por todos los que sufren.
Padre Nuestro, 10 Ave María, Gloria.
Oración:
Deus, noso Pai,
por medio do teu Fillo ti vencíche-la morte
e abríchesno-las portas da vida eterna.
Fai que os que celebrámo-la Pascua
da resurrección do Señor
sexamos renovados polo teu Espírito
para resucitarmos con Cristo na luz da vida.
Por Xesucristo o noso Señor. Amén
2º Misterio: La ascensión del Señor.
Despois Xesús levou ós discípulos para fora, a un lugar preto de Betania, e alí, erguendo as mans, bendíxoos. E mestres os bendicía, foise separando deles, e foi elevado ó ceo. Eles, despois de se prostraren ante el, voltaron para Xerusalén cheos de alegría. E seguían decote, no templo, bendicindo a Deus. (Lucas 24, 50-53)
o Hagamos memoria de que nuestra patria está en el cielo.
o Contemplemos que el Señor nos bendice y nos envía a evangelizar.
o Demos gracias por la Iglesia, mensajera de la fe.
o Pidamos a la Virgen María, Nuestra Señora de la Franqueira, por las familias, Iglesia doméstica, que en estos días de emergencia se sientan más unidas y fortalezcan la esperanza
Padre Nuestro, 10 Ave María, Gloria.
Oración:
Deus todopoderoso,
fainos exultar con santa alegría
e con filial acción de grazas
na Ascensión de Cristo, teu Fillo,
na que tamén nós somos elevados onda ti;
e á gloria a onde se adiantou xa el como cabeza nosa,
tamén esteamos nós como membros do seu corpo.
Por Xesucristo o noso Señor. Amén.
3º Misterio: La llegada del Espíritu Santo en Pentecostés.
Cando se cumpriron os días de Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto,
eu un ruído como dun forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron apousando unha sobre cada un deles, conforme lles concedía o Espírito. (Feitos dos apóstolos 2, 1-4)
o Hagamos memoria de los dones recibidos de Dios.
o Contemplemos la fortaleza y valentía que concede el Espíritu.
o Demos gracias por la Iglesia, mensajera del Amor.
o Pidamos a la Virgen María, Nuestra Señora de la Franqueira, por nuestra Diócesis y por nuestras parroquias, para que la fuerza del Espíritu nos ayude a servir a las personas que más nos necesitan, dándoles consuelo y todo lo imprescindible para superar estos días.
Padre Nuestro, 10 Ave María, Gloria.
Oración.
Deus, noso Pai,
no misterio de Pentecostés
santifíca-lo enteiro corpo da túa Igrexa
no medio de tódolos pobos e nacións.
Extende os dons do teu Espírito Santo
dun confín ó outro do mundo
e realiza tamén hoxe nos corazóns dos teus fieis
o milagre que o teu amor operou
nos comezos mesmos da predicación evanxélica.
Por Xesucristo o noso Señor. Amén.
4º Misterio: La Asunción de la Virgen María
María exclamou: “A miña alma proclama a grandeza do Señor, e alégraseme o espírito en Deus, o meu Salvador, porque reparou na súa humilde escraviña”. (Lucas 1, 46-47)
o Hagamos memoria que hemos sido elegidos por Dios para la santidad.
o Contemplemos en la Virgen María la discípula perfecta.
o Demos gracias por la Iglesia, mensajera de unidad.
o Pidamos a la Virgen María, Nuestra Señora de la Franqueira, por los jóvenes que ante esta crisis sanitaria den una respuesta solidaria, generosa, de vitalidad y futuro
Padre Nuestro, 10 Ave María, Gloria.
Oración:
Deus todopoderoso e eterno,
ti elevaches á gloria do ceo en corpo e alma
a inmaculada Virxe María, Nai do teu Fillo.
Concédenos vivir cos ollos postos nos bens eternos,
para que así merezamos participar con ela da túa gloria.
Por Xesucristo o noso Señor. Amén.
5º Misterio: María es coronada como Reina y Señora de la creación.
María exclamou: “Desde agora tódalas xeracións me van felicitar. Marabillas o Poderoso fixo en min. O seu nome é Santo; a súa misericordia chega xeración tras xeración a tódolos que o temen”. (Lucas 1, 48-50)
o Hagamos memoria de que somos miembros del Reino de Dios.
o Contemplemos a la Virgen María, coronada de virtudes.
o Demos gracias por la Iglesia, mensajera de paz.
o Pidamos a la Virgen María, Nuestra Señora de la Franqueira, por las intenciones de sus devotos, por los romeros y peregrinos, por nuestras familias, por nuestros deseos y esperanzas.
Padre Nuestro, 10 Ave María, Gloria.
Oración:
Deus, noso Pai,
ti déchesnos coma Nai e Raíña á mesma Nai do teu Fillo.
Concédenos piadoso ser protexidos pola súa intercesión
e acadarmos así no reino do ceo
a gloria prometida ós teus fillos.
Por Xesucristo o noso Señor. Amén.
Letanías en Honor da Virxe da Franqueira
(Tomadas de oraciones, cantos e himnos en honor da Virxe da Franqueira)
Señor ten Piedad Señor ten piedad
Cristo ten Piedad Cristo ten piedad
Señor ten Piedad Señor ten piedad
Cristo óyenos Cristo óyenos
Cristo escúchanos cristo escúchanos
Dios Padre Celestial. Ten Misericordia de nosotros
Dios Hijo Redentor del mundo. Ten Misericordia de nosotros
Dios Espíritu Santo. Ten Misericordia de nosotros.
Trinidad Santa, un sólo Dios. Ten Misericordia de nosotros.
Santa María. Ruega por nosotros.
Santa Madre de Dios.
Madre de Cristo
Madre de la Iglesia
Madre de paz redentora
Madre querida
Mujer bendita
Servidora del Señor
Estrella luciente
Eterna luz de milagro
Piedra de amor
Divina Fuente de Gracias
Fuente de alegría
Fuente de paz
Fuente de consuelo
Fuente de amor
Fuente de unidad
Fuente de Luz y de Vida
Ave de alegrías
Corona de dones
Corona de gozos
Alba de clemencia
Dulce mediadora
Cetro de bondad
Hermosa más que el sol
Ternura de corazón
Abrazo tierno de madre
Reina de los montes
Reina da Paradanta
Señora de los mares
Atenta en el camino de los niños
Bendición del labrador
Bendición de nuestros campos
Protectora de nuestros trabajos
Refugio de romeros y peregrinos
Fortaleza en el camino
Consuelo de nuestras almas
Consuelo en nuestras lágrimas
Ánimo en nuestra dolencia
Alivio de los enfermos
Hermosa y esbelta
Fortaleza en la fe
Seguridad en la esperanza
Constancia en el amor
Refugio de los pecadores
Vida en nuestra muerte
Guía de eternidad
Reina y Virgen
Reina de los Ángeles
Reina de los Patricarcas
Reina de los Profetas
Reina de los Apóstoles
Reina de los Mártires
Reina de los que viven la fe
Reina de las Vírgenes
Reina de todos los Santos
Reina Inmaculada
Reina elevada al cielo
Reina del Rosario
Reina de las familias
Reina de las Misiones
Reina de la Evangelización
Reina de la Misericordia
Reina de la paz
Cordero de Dios que quitas el pecado del mundo
Perdónanos Señor
Cordero de Dios que quitas el pecado del mundo
Escúchanos Señor
Cordero de Dios, que quitas el pecado del mundo
Ten Misericordia de nosotros
Ruega por nosotros, Nosa Señora da Franqueira
Para que seamos dignos de alcanzar las promesas de Jesucristo
Oración
Te pedimos, Señor, que, nosotros tus siervos, gocemos de salud de alma y cuerpo, y, por la intercesión da Virxe da Franqueira, seamos libres de las tristezas presentes y disfrutemos de las alegrías del cielo. Por Jesucristo nuestro Señor.
Amén
NOSA SEÑORA DA FONTE A FRANQUEIRA
novena
ORACIÓN PARA TÓDOLOS DÍAS
Benaventurada Nai de Deus, venerada coa secular advocación de Nosa Señora da Fonte de A Franqueira: queremos manifestarche con toda confianza os desexos do noso corazón. A Ti acudimos, Nai boa, sabendo que escoitas as oracións dos teus fillos.
A túa imaxe de pedra lémbranos a fortaleza da túa fe, a seguridade da túa esperanza, a constancia do teu amor. Ver a Xesús no teu colo, tráenos á memoria que a túa vida estivo ó seu servicio. Fai que a Palabra do Evanxeo resoe sempre no noso interior para que saibamos recoñecer o paso de Deus pola nosa vida.
¡Naiciña! Sentímonos necesitados e renovamos diante de ti a nosa confianza. Axúdanos sobre todo a descubrir o que nos pide Deus noso Pai. Queremos, coma ti, ser felices cumprindo a súa vontade, animados polo Espíritu Santo que nos fai recoñecer a Xesús como Salvador de todos. A El a gloria por séculos de séculos.
Amén.
Día 4º: “Agora, Señor, os meus ollos viron a Luz”
(Intención: Os Anciáns)
Oración para tódolos días
A luz da Palabra
E cando chegou o tempo da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén, para llo presentaren ó Señor… Un home xusto e piadoso, chamado Simeón, agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, tíñalle prometido que non había morrer sen ve-lo Unxido do Señor.
Movido polo Espírito, foi ó templo, e cando entraban os pais do neno Xesús, colleuno nos brazos e louvou a Deus dicindo:
- Agora, Señor, podes despedir en paz ó teu servo, porque xa os meus ollos viron o teu Salvador, luz das nacións, gloria de Israel.
Había tamén unha profetisa moi vella chamada Ana, que non se apartaba do templo nin de noite nin de día. Presentándose naquel intre, glorificaba a Deus e falaba do neno a tódolos que esperaban a redención de Xerusalén.
(do Evanxeo segundo S. Lucas)
Reflexión
• Se o Espírito alenta a nosa vida, descubriremos a presencia do Señor no noso mundo.
• Cando sentimos o peso dos anos e a luz dos nosos ollos se vai apagando, Deus sorpréndenos cunha invitación á esperanza e a unha vida en plenitude.
• A nosa fe en Deus é a maior riqueza e a mellor herencia que podemos deixar.
Preces
No Espírito que habita en nós e que nos guía na vida, presentámo-la nosa oración dicindo:
DÁNO-LA TÚA LUZ
- Con María, humilde escraviña do Señor, pidamos pola Igrexa para que se presente diante do mundo coa luz da Palabra e da caridade. Oremos.
- Con María, que presentando ó seu Fillo ilumina a esperanza do vello Simeón, pidamos polos anciáns para que vivan na ledicia da vida cumprida en plenitude. Oremos.
- Con María, Templo do Espírito Santo, pidamos polos avós e as avoas para que sexan transmisores da fe como a mellor herdanza. Oremos.
- Con María, a pobre escollida por Deus, pidamos polos maiores que viven en soedade para que sexan acompañados e acollidos. Oremos.
- Con María, orante diante do Pai, pidamos por todos nós para que cun corazón novo e un espírito renovado deamos continuas gracias a Deus. Oremos.
- ... ... ... (intencións particulares).
Unidos na oración de Xesús rezamos: Noso Pai...
Oración
Señor do tempo e dos anos: os anciáns Simeón e Ana saíron gozosos a recibir o teu Fillo na súa presentación no Templo. Concédenos recoñecer a Xesús como a luz das nosas vidas, e ós que están cansos polo peso dos seus anos, a dita de sentir sempre, como María, que as súas vidas poden ser un bo testemuño de fe no Reino de Deus que se acerca e está presente no teu Fillo Xesucristo. El que vive e reina por sempre eternamente. Amén.
[ Invocación ou un canto apropiado
¿A quén sostés nas túas mans,
dinos, ancián Simeón,
por que te sentes tan alegre?
Porque xa vin o Salvador.
Este neno será bandeira
e signo de contradicción,
coa súa morte, traerá a vida,
pola cruz, a resurrección. ]
REFLEXIÓN PARA O 4º DÍA
A LUZ QUE NON ESMORECE
El texto del evangelio que nos relata la presentación de Jesús en el Templo y que recoge este día de novena es una llamada a ponerse cerca de los ancianos. Es población de riesgo, una frase que a lo largo de estos días hemos escuchado tantas veces. Y vemos que es verdad. El riesgo es real y tiene víctimas, no solo físicas sino en otras muchas dimensiones.
Riesgo de contagio y de ser más vulnerables. Por esto necesitan mayores cuidados y que nosotros tengamos el cuidado en nuestra limpieza y mantener las pautas de comportamiento adecuados.
Riesgo de soledad. Son muchos miles de personas mayores que viven solas. Hace meses hablamos en algún foro de la necesidad de crear una red de atención, visita, escucha, acompañamiento de los mayores, y ahora la vida nos obliga a priorizar algunas acciones.
Riesgo de tristeza, sobre todo al ver en esta situación de final de una etapa que a uno le gusta terminar las cosas bien, con alegría, con un sentido de plenitud.
Por estas e moitas razóns que posiblemente todos compartimos a miña invitación a poñer os noso pes camiño dos anciáns. Como ben sabedes, a Franqueira é meta de peregrinos, e así é desde hai séculos. Hoxe queremos que a nosa Santa, como din os maiores, saia do seu altar e viaxe en longa camiñata aos fogares, residencias, xeriátricos e hospitais onde están os nosos maiores. Como naquela ocasión, os anciáns Simeón e Ana, colleron no seu colo ao Filliño que María e Xosé presentaban no templo.
Hai uns meses houbo varias persoas, maiores, que viñeron ao santuario. Como axuda para o momento que estaban a vivir lles pedín que levasen durante unha temporada para as súas casas a Capela domiciliaria. Xunto a ela, un material de oración, dicíndolles, "levan a Virxe para casa, récenlle moito, e pídanlle por todos". E así o fixeron, cada día o rosario e coas pregarias dedicadas ás vocacións, aos enfermos, etc.
Hoxe levemos á Virxe a onde están os maiores e vos propoño que no seu nome lle recemos esta pregaria. É a oración que rezan á Virxe da Franqueira.
Non esquezamos que Cristo ven alumear as nosas vidas e nunca esmorece o seu fulgor.
Graciñas e ánimo
Pidamos ao Señor moita fortaleza e luz.
Bo día de San Benito
Xabier Alonso
A Franqueira, 21-03-2020
ORACION DOS ANCIÁNS
Á NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA
Santísima Virxe María, venerada neste santuario
coa secular advocación da Nosa Señora da Fonte da Franqueira.
Acudimos a Ti coa experiencia dos anos
cargados de ledicias e tristuras,
ilusionados a pesar dos achaques dos nosos corpos gastados.
Viñemos aquí para darlle grazas a Deus,
facémolo unidos ante a túa imaxe
que desde tempos antigos atrae os nosos corazóns.
Como aquela anciá que gardaba o seu gando
nos altos montes da Paradanta,
nós tamén, no declinar dos nosos días,
deixámonos impresionar pola túa presencia maternal.
Nas tebras das nosas vidas
Ti móstraste resplandecente
para guiarnos ata o teu Fillo,
luz que nos ilumina.
Como aquela ancián foi apartando as pedras
para atopar a túa imaxe escondida desde tempos,
danos forza, Señora, para que, quitemos os atrancos
que tantas veces impiden encontrarnos co Señor.
Axúdanos a que afastemos as pedras
da desesperanza e da desilusión,
de pensar que non temos nada que facer,
da fatiga e do abandono,
do medo a vivir, e do egoísmo,
das envexas e das críticas,
de tantas cousas que invaden o noso corazón
e que non nos deixan ver o rostro do teu Fillo.
Atopada a túa imaxe,
non agochou a noticia,
senón que, con renovados folgos,
foi a contarllo a todos.
Fainos, Señora da Franqueira,
que liberados pola misericordia de Deus,
vaiamos pola vida a anunciarlle a todos
a mensaxe da presencia do Señor.
Cando discutían os veciños
para ver a quen le correspondía custodiar tan grandioso achado,
foi deixado á vontade do Señor,
que decidise sobre o seu lugar de culto.
Axúdanos tamén a nós, Nosa Naiciña,
a que sempre descubramos a vontade de Deus en nós.
Que a nosa vida sexa, como a de Xesús,
a de facer o desexo do Pai,
Ti, a quen chamamos desde antigo,
Nosa Señora da Fonte,
verte sobre nós a auga viva,
o teu Fillo Xesús.
Pola acción do Espírito,
as augas bautismais fixéronnos fillos de Deus,
membros da Igrexa e testemuñas do Evanxeo;
fai que entreguemos a nosa vida a anunciar
ós máis novos o tesouro da fe.
O teu Fillo ten nas súas mans un libro,
símbolo da Palabra e da sabedoría que é El.
Cos anos da vida
fomos aprendendo moitas leccións
pero necesitamos descubrir cada día
a sabedoría do corazón.
Fainos, María, dóciles á Palabra do Señor,
que sexamos aprendices do amor,
e nos deixemos guiar polo Mestre auténtico, Xesús.
Agora, Virxe Bendita, queremos poñer ante Ti,
as necesidades das nosas familias,
as inquedanzas dos nosos fillos,
o futuro dos nosos netos,
a tristura de tantas persoas que están soas,
o sufrimento dos enfermos.
Para Ti este canto agradecido
dos teus devotos dos teus fillos e fillas,
mantennos sempre alegres,
e que poidamos cantar contigo
as marabillas que o señor fixo en nós.
Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario