domingo, 15 de marzo de 2020

TORRENTES DE AUGA VIVA, nun tempo de sequedade

A samaritana, pechada nos seus agobios e sen sabores. Buscando nunhas relación superficiais o senso da vida, querr beber. Non somo salleos a esta situación pois o corazón está á procura da vitalidade que lle dea responta ao fondo pesar do ser ser. Camiños solitarios pola vida, vender o corazón a precio de saldo perdendo a dignidade e o valor, mesturando o amor co fel da inocencia perdida, a confianza de porse nos brazos do outro e ver como so es un instrumento máis de placer, unha mercadoría que vai devaluando de seu. E na hora do calor, cando ninguén está no pozo, para non ser obxecto das miradas inquisidoras dos satisfeitos nos cumprimentos baleiros de leis cegadoras, alí, no silencio do páramo, aparece un home. Si. Un home. Será un de tantos. Non é oq ue ven rescatar da sequedade a toda unha humanidade de ser infecunda, como esta muller, infecunda en amar, pero necesitada de amor. 
Dáme de beber.
É Xesús quen pide. É a fonte da santidade que non ven impor, senón a pedir, o pouco que cres ter non o agoches, faino compartir e eu o multiplicarei. Saca de ti esa sede inmensa que tes, pois a auga viva será derramada no teu corazón.
Como me podes pedir a min Señor?
Pois eres obra do meu amor, e no brocal que pensas seco puxen a feitura dun manacial que necesita ser renovado. 
Somos adoradores en Espírito e en Verdade, adoradores que no templo vivo dos seus fillos e fillas atopa unidade.

Benqueridos amigos e amigas.
Non son tempos doados. Quero compartir convosco o meu desexo de porse nunha confianza renovada diante do Señor.
Desde esta atalaia, a montaña da Paradanta, aos pes da Nosa Señora e compartindo o silencio coa vecindade que somos: Franqueira, Prado da Canda e Lamosa, poño os meus ollos cara ao mar e vexo as cores que destacan na paixase. No día describe a multitude de fogares nos que se refuxian as familias ante un inimigo que non se ve, pero que se sabe se pode vencer. Polas noites, luceciñas como vagalumes que espallan na paixase pingueiras de ledicia como sinais de esperanza nos corazóns que están en tebras.
Durante estes días cada un, ben seguro, aproveitaremos o tempo para por en orden a nosa vida, adentrarnos no noso corazón e descubrir a fondura do amor ao que somos chamados. O teu pozo non está seco, necesita limparse para sacar del auga viva renovadora.
Eu, pola miña parte, tentarei de facer un servizo de acompañar desde a miña pobre reflexión cada día. Quero que nos axudemos a vivir este deserto coresmal ara chegar á fin renovados na Pascua do Señor.

SIGO INSISTINDO
SE ALGUÉN PRECISA DE MIN ESTOU Á VOSA ENTEIRA DISPOSICÓN
SE NAS PARROQUIAS (Franqueira, Prado e Lamosa) ou noutros fogares, FAI FALTA ALGÚN SERVIZO, FACER A COMPRA, IR A FARMACIA, LEVAR ALGUNHA PERSOA MAIOR OU O QUE SE NECESITE, CONTADE COA DISPONIBILIDADE OU BUSCANDO A QUEN POIDA FACELO
FAGAMOS ESTE CAMIÑO UN CAMIÑO DE CARIDADE











No hay comentarios:

Publicar un comentario