domingo, 15 de marzo de 2020

MISA


Meus queridos fillos e fillas de A Franqueira, Prado da Canda e A Lamosa, así como os romeiros e peregrinos que vos podes baixo a amparo da Virxe María na advocación da NOsa Señora da Fonte da Franqueira, da Virxe do Libramento e do Rosario. Un saúdo afectuoso desde este silenzo coresmal. Dentro dun intre celebrarei a Eucaristía e vos poño no altar para pregar ao nosa Deus, saúde, salvación e vida, que nos encha a todos da fortaleza de seguir adiante. Encomendo a todos os enfermos e anciáns, familiares e os que traballan no eido da saúde, os que están ao servizo dos cidadáns, pido polas familias, a nosa diocese que baixo o manto da Virxe confíe. Pido por todos, polos que traballan cos máis necesitados, en especial o equipo de Cáritas Diocesana e os de Cáritas parroquias a quen tamén servo no meu destino pastoral. Benqueridos, se necesitades algo de mnin estou á vosa disposición.
Unha aperta e a miña bendición do Señor.
Xabier Alonso Docampo

No hay comentarios:

Publicar un comentario