sábado, 21 de marzo de 2020

REFLEXIÓN PARA O 4º DÍA A LUZ QUE NON ESMORECE

REFLEXIÓN PARA O 4º DÍA
A LUZ QUE NON ESMORECE

El texto del evangelio que nos relata la presentación de Jesús en el Templo y que recoge este día de novena es una llamada a ponerse cerca de los ancianos. Es población de riesgo, una frase que a lo largo de estos días hemos escuchado tantas veces. Y vemos que es verdad. El riesgo es real y tiene víctimas, no solo físicas sino en otras muchas dimensiones.
Riesgo de contagio y de ser más vulnerables. Por esto necesitan mayores cuidados y que nosotros tengamos el cuidado en nuestra limpieza y mantener las pautas de comportamiento adecuados.
Riesgo de soledad. Son muchos miles de personas mayores que viven solas. Hace meses hablamos en algún foro de la necesidad de crear una red de atención, visita, escucha, acompañamiento de los mayores, y ahora la vida nos obliga a priorizar algunas acciones.
Riesgo de tristeza, sobre todo al ver en esta situación de final de una etapa que a uno le gusta terminar las cosas bien, con alegría, con un sentido de plenitud.

Por estas e moitas razóns que posiblemente todos compartimos a miña invitación a poñer os noso pes camiño dos anciáns. Como ben sabedes, a Franqueira é meta de peregrinos, e así é desde hai séculos. Hoxe queremos que a nosa Santa, como din os maiores, saia do seu altar e viaxe en longa camiñata aos fogares, residencias, xeriátricos e hospitais onde están os nosos maiores. Como naquela ocasión, os anciáns Simeón e Ana, colleron no seu colo ao Filliño que María e Xosé presentaban no templo. 
Hai uns meses houbo varias persoas, maiores, que viñeron ao santuario. Como axuda para o momento que estaban a vivir lles pedín que levasen durante unha temporada para as súas casas a Capela domiciliaria. Xunto a ela, un material de oración, dicíndolles, "levan a Virxe para casa, récenlle moito, e pídanlle por todos". E así o fixeron, cada día o rosario e coas pregarias dedicadas ás vocacións, aos enfermos, etc.
Hoxe levemos á Virxe a onde están os maiores e vos propoño que no seu nome lle recemos esta pregaria. É a oración que rezan á Virxe da Franqueira.
Non esquezamos que Cristo ven alumear as nosas vidas e  nunca esmorece o seu fulgor. 

Graciñas e ánimo
Pidamos ao Señor moita fortaleza e luz.
Bo día de San Benito

Xabier Alonso
A Franqueira, 21-03-2020


ORACION DOS ANCIÁNS
Á NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA

Santísima Virxe María, venerada neste santuario 
coa secular advocación da Nosa Señora da Fonte da Franqueira.
Acudimos a Ti coa experiencia dos anos
cargados de ledicias e tristuras,
ilusionados a pesar dos achaques dos nosos corpos gastados.
Viñemos aquí para darlle grazas a Deus,
facémolo unidos ante a túa imaxe 
que desde tempos antigos atrae os nosos corazóns.

Como aquela anciá que gardaba o seu gando
nos altos montes da Paradanta, 
nós tamén, no declinar dos nosos días,
deixámonos impresionar pola túa presencia maternal.
Nas tebras das nosas vidas
Ti móstraste resplandecente 
para guiarnos ata o teu Fillo,
luz que nos ilumina.

Como aquela ancián foi apartando as pedras
para atopar a túa imaxe escondida desde tempos,
danos forza, Señora, para que, quitemos os atrancos 
que tantas veces impiden encontrarnos co Señor.
Axúdanos a que afastemos as pedras 
da desesperanza e da desilusión,
de pensar que non temos nada que facer,
da fatiga e do abandono,
do medo a vivir, e do egoísmo,
das envexas e das críticas,
de tantas cousas que invaden o noso corazón 
e que non nos deixan ver o rostro do teu Fillo.

Atopada a túa imaxe,
non agochou a noticia,
senón que, con renovados folgos,
foi a contarllo a todos.
Fainos, Señora da Franqueira,
que liberados pola misericordia de Deus,
vaiamos pola vida a anunciarlle a todos
a mensaxe da presencia do Señor.

Cando discutían os veciños 
para ver a quen le correspondía custodiar tan grandioso achado,
foi deixado á vontade do Señor,
que decidise sobre o seu lugar de culto.
Axúdanos tamén a nós, Nosa Naiciña,
a que sempre descubramos a vontade de Deus en nós.
Que a nosa vida sexa, como a de Xesús,
a de facer o desexo do Pai,

Ti, a quen chamamos desde antigo,
Nosa Señora da Fonte,
verte sobre nós a auga viva,
o teu Fillo Xesús.
Pola acción do Espírito,
as augas bautismais fixéronnos fillos de Deus,
membros da Igrexa e testemuñas do Evanxeo;
fai que entreguemos a nosa vida a anunciar
ós máis novos o tesouro da fe.

O teu Fillo ten nas súas mans un libro,
símbolo da Palabra e da sabedoría que é El.
Cos anos da vida
fomos aprendendo moitas leccións
pero necesitamos descubrir cada día
a sabedoría do corazón.
Fainos, María, dóciles á Palabra do Señor,
que sexamos aprendices do amor,
e nos deixemos guiar polo Mestre auténtico, Xesús.

Agora, Virxe Bendita, queremos poñer ante Ti,
as necesidades das nosas familias,
as inquedanzas dos nosos fillos,
o futuro dos nosos netos,
a tristura de tantas persoas que están soas,
o sufrimento dos enfermos.

Para Ti este canto agradecido
dos teus devotos dos teus fillos e fillas,
mantennos sempre alegres,
e que poidamos cantar contigo
as marabillas que o señor fixo en nós.

Amén.



No hay comentarios:

Publicar un comentario