sábado, 5 de octubre de 2024

VIVIR CON MARÍA A SALVACIÓN. Festas da Virxe do Rosario

 VIVIR CON MARÍA A SALVACIÓN


Esta fin de semana, so devotos da Virxe do Rosario unímonos en pregaria agradecida na parroquia covelense de Prado da Canda. Esta festividade está cargada de gran simbolismo. Ven dada pola longa tradición, desde que no século XIX se constiuise unha confradía aprobada pola Orde de Predicadores e pola Diocese, senón polo forte arraigo que atopou nesta pequena parroquia. Ano tras ano, con emotiva motivación, os fegreses preparan con cariño este día en honra da Virxe María. Son días intensos nos que quedan marcados por unhas fermosas danzas que se executan diante da Virxe, así como a oración e desvelo con que se viven. Asemade, esta parroquia custodia nun relicario as esquirlas da enciñeira das aparicións da Virxe en Fátima e dos santos Francisco e Xacinta. Neste lugar de Portugal, a Virxe mandou aos pastorciños rezar o Rosario pola Paz. Que mellor que facelo desde o máis fondo da nosa alma nunha situación tan complexa como a que está a vivir o noso mundo. Rezar para sermos mensaxeiros da paz, custodios do amor fraterno, activistas da reconciliación, formadores de vínculos de amor, altofalantes da verdade, protectores da dignidade das persoas como fillos e fillas de Deus.

A pesares deste tempo tan desapacible, recemos, recemos moito, coidemos deste tesouro que é sermos chamados a sermos irmáns.

Con María, no rezo do Rosario, proclamamos as marabillas da bondade de Deus que nos agarima. Ela soubo dicir en cada intre da vida o seu si, e por nas mans de Deus a súa vida. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario