miércoles, 2 de marzo de 2022

OFRECER VIDA NA MORTE

 


Unha vez rematada a segunda guerra mundial os diversos países, tanto os que estiveran nese magno conflicto, como os que configuraban xa o novo mapa mundial e aos que se foron engadindo os países de nova independencia, integraron unha das organizacións (ONU) que apostou decididamente por un cambio de rumbo máis humanizador e cunha decisión forte pola paz. As divisións fóron acentuándose nos bloques ideolóxicos e políticos que marcaron fondamente a sociedade durante décadas. Un bloque capitaneado polos EEUU e o outro pola URSS. Todos lembramos con pesar as consecuencias devastadoras dunha ameaza brutal como é a a posibilidade dunha guerra mundial. 

Como consecuencia de todo isto o Papa San Xoán XXIII publica a carta Pacem in terris, escrita a todos, homes e mulleres de Boa vontade, e cun desexo ben certo de que na persoa reside un dereito inalienable de poder vivir en un mundo en paz. 

Poucos anos despois, San Paulo VI, dirixiuse a Asemblea das Nacións Unidas chamando a todos a esta paz tan necesaria, porque, aínda que o conflicto non era armado, a violencia verban e a ameaza contra as persoas estaba moi presente. Naquel discurso, o papa Montini, citou o verso do profeta Isaías 2, das espadas forxaranse arados e das lanzas podadeira, xa non se adestrarán para a guerra, xa non loitará pobo contra pobo. No exterior do edificio de Nova Iorque luce esplendoroso un monumento que é expresión desta cita bíblica. Un home fornido (tedes a foto neste post) cun grande martelo golpeando unha espada e facer dela un arado. E así fixeron moitos, convertendo tanques en tractores, ou segadoras, fusiles e máquinas de vida e non de morte. Ata no santuario de Lourdes teñen no seu museo vasos para flores feitos coa carcasa das bombas, quitar a violencia e facela violencia.

O curioso e paradóxico do monumento antes citado, é que foi regalo da URSS. 

Nós, homes e mulleres deste século, despois de case 80 anos finalizado un dos episodios máis negros da historia, necesitamos dar unha resposta solidaria e fraterna. Non actuemos por medo, nin por impulsos pois pode ser para tempo, pero si con constancia e sabendo que non estamos entrando máis que sendo unha porta aberta ao cambio. A Cáritas Española ten hablitada conta de colaboración econ´çomica con esta emerxencia. Cos ingresos que recibe envía directamente por Cáritas internacional ás diversas Cáritas nacionais que están acollendo refuxiados, como a mesma Cáritas de Ucrania. Facer un donativo é doado e axiliza a acción. Asemade garda o recibo para despois presentalo cos datos en facenda. Convén que se vexa que a colaboración dun país a outros a través das OGNs ven da iniciativa particular e coa xenerosidade que sempre está presente. Podemos facer moito con pouco se somos moitos.

GRACIÑAS

Xabier


No hay comentarios:

Publicar un comentario