viernes, 2 de septiembre de 2016

4. NOVENA Á NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA e horarios fin de semana



Seguimos avanzando na reflexión diaria para prepararmos á celebración da Romaría da Virxe da Franqueira. Hoxe contemplamos a presentación do Neno Xesús no Templo. Quixera destacar varios aspectos deste día:
1.- Simeón e Ana descubren a presenza do Salvador naquel meniño, como outros moitos que presentaban ao Señor grazas á inspiración do Espírito Santo. Por El tamén loaron e anunciaron que ven aluemar a tódolos pobos e ser bandeira de disputa por deixar en evidencia os corazóns dos homes. Para descubrirmos o rostro do Señor necesitamos a presenza do Espírito Santo que actúa en nós.
2.- O paso e o peso dos anos non son impedimento para decatarse de que o Señor está no medio de nós. Todo o contrario. Os ano son a sabedoría que coa experiencia da vida nos fai ver máis alá das cousas inmediatas.
3.- O templo como lugar de encontro, non so a sacralidade, senón símbolo de todo o pobo, do Isarael liberado pero cansado, avellentado e que so uns poucos están dispostos a esperar o Salvador.

Hoxe imos rezar especiamente na celebración da Eucaristía polas familias e renovar as promesas matrimoniais e familiares. Poñemos ante a Nosa Señora a vida das nosas familias coas súa dificultades, cos seus retos e co seu futuro.

Deixo o enlace dos horarios para non esquecer os desta fin de semana


Sábado termos Misas ás 9, 10,30 e ás 12 o FUNERAL POLOS DEVOTOS DA VIRXE FALECIDOS
O Domingo as Misas son ás 10, 11 e 12
Pola tarde teremos ás 4,30 o Rosario e Novena, e as Misas ás 5 e 6
As 7 teremos CONCERTO ORACIÓN A CARGO DA COMUNIDADE CANÁ

Feliz día
Javier Alonso
A Franqueira
02-09-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario