A MINADA
Aninovo
No
comezo deste novo ano quero felicitarvos a todos, en especial os que
estades a pasar por situacións complicadas da vida. Son tempos
difíciles e debemos lembrarnos continuamente desde a fe que o Señor
nos agasalla unha esperanza que nunca defrauda, que El sempre
permanece fiel e que o seu amor non ten límites. Copa confianza
posta Nel, acompañados por María, que coa solemnidade da
maternidade divina comezamos o ano, e co día adicado á Paz,
iniciamos unha nova xeira na nosa vida.
Un
ano que nos trae un moitas efemérides para celebrar:
O
Ano da Vida Consagrada, inaugurado hai un mes, A oportunidade para
coñecer, agradecer e rezas xuntos polos diversos carismas de
consagración que hai na Igrexa. ¿Quen nos se admirou da entrega dos
misioneiros e misioneiras, ¿quen non escoitou falar da xenerosidade
dos relixiosos e relixiosas que traballan no ensino, na sanidade, na
promoción humana, no coidado dos cativos, da atención a
marxinados?, ¿quen non se sorprendeu da alegría que desbordan os
monxes e monxas, como transmiten paz desde os seus mosteiros?. Pois
durante este ano teremos a oportunidade de rezar para que o Señor
infunda novas e santas vocacións.
Estamos
no Ano de Santa Tareixa de Xesús, reformadora do Carmelo, Santa
andariega, fundadora de conventos, muller recia e orante, mística,
poeta e escritora, conselleira de santos e reis, unha muller de pes
a cabeza. Coa celebración dos 500 anos de seu nacemento temos a
oportunidade de coñecer un pouco máis a esta grande da Igrexa
española. Na nosa diocese temos a pegada da súa presencia nos
templos xubilares e dunha especial vinculación á Santa: as
parroquias do Carme e santa Tareixa de Vigo, a parroquia da Cañiza,
os conventos carmelitas de Sabarís e O Rosal. Ler neste ano a Santa
tareixa faranos moito ben.
Celébranse
os 200 anos do nacemento de San Xoan Bosco. Outro dos grandes:
sacerdote, dinámico, alegre, festivo, traballador incansable,
imaxinativo e soñador. No século XIX soubo responder ás
necesidades dos nenos e xoves de Turín dándolles fogar, acollida,
dignidade, alegría, formación, traballo, fe e futuro. A
congregación Salesiana está presente tamén na nosa Diocese, en
especial no labor educativo da familia salesiana e tamén no
santuario de María Auxiliadora de Vigo. Outro dos carismas que
debemos agradecer.
É
o ano do sínodo da familia. Despois dos primeiros traballos agora
son convocados os pais sinodais, recollendo o resultado dos traballos
diocesanos, para sacar adiante as conclusión sobre este tema tan
decisivo en cada un de nós, na sociedade e na Igrexa.
É
o ano da renovación persoal e comunitaria para ser unha Igrexa
evanxelizadora, tal e como nos pide a programación pastoral da
Diocese.
Todo
por e para o Señor.
Xabier
Alonso Docampo
Párroco
de A Franqueira, Prado da Canda e A Lamosa
No hay comentarios:
Publicar un comentario