VICTORIA FINAL
Son moitas as loitas da vida. Cada día atoàmonos con xente que intenta superar atrancos e que se sitúan nunha ollada de esperanza. Hainos que están a esperar un día de repouso, como as desexadas vacacións ou unha ponte para desconcectar, pero a loita debe continuar en cada batalla. Como me dicía aquel venerable sacerdote cando me confesaba con el "as batallas pódense perder, pero a victoria chegará ao fin, non todos os días son iguais". Pordemos pensar que todo isto crea unha inceridume desalentadora, pero non caba dúbida que necesitamos ter folgos cada día á espera da fin. Escoitar hoxe a Xesús dicirnos "tede valor, eu vencín ao mundo" xusto antes da súa paixón faime pensar que a victoria podemos desgustala nas aparentes derrotas que pensa o mundo que consegue. A serenidade, a constancia, a fortaleza, que abrollan do amor de Deus é un desplegue infindo que nos capacita para seguir adiante. Non desalentemos.
María viviu no silencio de madurar no seu interior da convicción de que o Espírito fixo presente no seu Fillo a victoria do amor que se introduce na condición humana para gustar a plenitude. Ela é a mestra da constancia, da paciencia, da serenidade, da loita do día a día de esperar en Deus que nunca falla.
Na peregrinación das Pascuillas camiñamos como fillos e fillas agradecidos e confiados cara ao santuario nun desexo de acadar a comuñón do encontro con Deus e os irmáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario