domingo, 26 de febrero de 2023

CO,MENZAMOS O CAMIÑO CORESMAL


Benqueridos amigos/as. Temos iniciado un camiño, a Coresma. Unha longa peregrinación que nos conducirá ao misterio da paixón, morte, sepultura e resurrección do Señor. A coresma, lonxe de ser un tempo de tristura, é unha oportunidade para revitalizar en nós o verdadeiro amor. Nace como unha intensa preparación para os catecúmenos que se dispoñen ao bautismo. Un paso decisivo e transfomador. Convídovos a vivir esta coresma, na que se proclaman os textos do evanxeo de san Xoán no 3, 4 e 5 que son as catequeses bautismais, a que os que xa estamos bautizados, o fagamos coa emoción de quen ten a experiencia do encontro con Cristo e decididamente di si ao seu proxecto de luz e vida. O primeiro e segundo domingo praclámanse as tentacións de Xesús e as transfiguración respectivamente.

Quen nos tenta? O que nos quere destrír, o que non lle importamos, o que se quere aproveitar de nós, o que ten a arrogancia de querer sustituir ao mesmo Deus. O tentador, que non é unha falacia, nin unha lenda, senón a realidade orixinal do mal, non ten capacidade de amar, nin sente compaixón, non busca o ben nin está na verdade. Polo que, sabendo que a obra do amor de Deus, o centro do corazón do Pai amoroso é a persoa humana, busca facer o máximo dano que pode tentándonos a nós, como o fixo con Adán e Eva. 

Xe´sus enínanos a superar a tentación. Pondo o centro no corazón de Deus e na súa palabra, no proxecto de amor e no servizo. Deus ponse, asumindo a nosa propia fraxilidade, ao servizo da persoa humana e dun pobo chamado á comuñón; o tentador quere que todo estea ao seu servizo. Deus faise o último, o servidor de todos, desplega  todo o seu ser para amarnos; o tentador quere medrar a conta de nós. 

O novo Adán, cristo, devólvenos a graza da filiación e da fraternidade.

O mundo sucumbe ao tentador ao querer vivir os antivalores do amor, fragmentando e violentado. Pidamos ao Espírito que nos purifique de todo mal e nos devolva a fermosura de sermos fillos e irmáns.

Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario