domingo, 6 de junio de 2021

ALFOMBRAS DE CARIDADE

Hai uns días recibín unhas fotos desde Brasil. Nelas aparece, como podedes ver, un tapiz que alfombra o chan das rúas e o enlousado do interior dunha igrexa. O que chama a atención é que non son decoracións realizadas con pétalos de frores ou serrín, ou sal, como estamos acostumados a ver. Son paquetes de alimentos esenciais. Chamo a irmá Francisca, que reside en Sao Paulo, e pregúntolle en qué cosiste. A súa resposta sorprendeume aínda máis. Chegado case ao inverno no hemisferio sur, e debido as consecuencias da pandemia que está a arrasar coa poboación máis vulnerable neste marabilloso país, decidiron facer uns cambios na festa do Corpus. Para as persoas que está desamparadas e non teñen con que cubrirse do frío da noite, poñen alfombras feitas con mantas e abrigos. Para os que non teñen recursos, alfombras decoradas con alimentos. E díxome "O Señor Sacramentado pasa facéndonos partícipes da caridade que el derrama sobre nós". 

Os pobres dannos unha lección que aprender. Mentres a moitos lles preocupa que as vilas estean engalanadas cos tapices florais e contabilicen os beneficios turísiticos que iso conleva, igual que en moitas das nosas manifestacións relixiosas que se acaban poñendo no interese social pola mobilización e o beneficio, os pobres chaman a que descubramos a esencia de que o Señor sae polas nosas rúas derramando bendicións.



O ano pasado, algunha parroquia, como a de Ponteareas, non quedou sen procesión, igual que moitas comunidades pequenas. Pero lembro, de seminarista maior, pasar a noite en Ponteareas axudando a decorar e nesas horas nocturnas, un sistema de megafonía repartido pola vila acompañaba co
n música relixiosa e clásica, comentarios eucarísticos e oracións que realizaba o nos reitor do seminario D. Xulio Andión. Cando voltei, pasados uns anos, sendo xa sacerdote, a megafonía pasara a mellor vida, o silencio era irrumpido polas charangas e gaitas, a xente amoreábase nas rúas, bares e lugares de ocio, as opcións eran moi diversas e incluso algunhas manifestacións visuais en contra da procesión. O mesmo pasou cando fun a última vez a Redondela. Uff, qué barullo. Caeume abaixo a lembranza da cando era cativo e ibamos coa cruz parroquial a acompañar ao Santísimo. E o mesmo podemos dicir das nosas procesiósn multitudinarias. ¡Cantas veces penso na pérdida de enerxías e forzas en organizar unha festividade como se fose un evento no que lle preocupa a moitos que a verse enchemos praza!. Perdoade que hoxe levanteime un pouco crítico. É certo que as portas están abertas, pero cansa que nos utilicen.

Esta pandemia vainos colocar a cada un no seu lugar? Os que se fixeron donos do noso, que quere dicir, mercantilizando as nosas expresións máis nobles, que se van transformando ao longo do tempo, se non deran éxitos estaría puxando por elas? Se deixamos de ver o éxito non nos números nin no efectivo, senón na transformación persoal e social sería igual?

Explícome.
Hoxe a campaña de Cáritas dino "Sexamos máis pobo". A caridade, presente na Eucaristía, que camiña polas nosas rúas, que derrama bendicións, non nos quere separado, nin divididos, senón xuntos e bregando na mesma dirección, traballando polo ben, derramando bendicións, isto é, facendo a todos partícipes da ledicia da presencia do Señor. A Caridade, Cristo Xesús, a quen todos querían tocar, os enfermos, os leprosos, os cegos, eivados, os pobres, e os que se sentían interpelados e chamados a conversión. 
Hoxe, se tes oportunidade, non deixes de ir ao templo. Entra e se podes ir na hora da Exposición do Samtísimo, ou na procesión sinxela, prepara a túa alma, decora o teu corazón, limpa a túa mirada, e deixa que o Señor camiñe por ti, vaia contigo aos lugares da negrura, deixa que a súa presencia ilumine e dea o frescor da vida. Decora coas mellores galas o teu espírito coa misericordia, dille "Viva Xesús", "Viva". E ese viva transfórmao e ollada cara Cristo no pobre que quere pasar polo teu corazón, sementando o desexo dun mundo mellor, dun pobo mellor.


Xabier
Solemnidade do Santísimo Corpo e Sangue de Cristo

2 comentarios:

  1. Gracias Xavier por acoger iniciativas que pueden venir ... del outro lado del Atlântico y nos ayudan a descobrir y socorrer las necessidades del "Otro cuerpo de Cristo"... -los mas necesitados

    ResponderEliminar
  2. Yo sólo puedo decir :Que me ha emocionado totalmente y mme parece muy bien de este párroco extraordinario

    ResponderEliminar