sábado, 6 de marzo de 2021

CORESMA: CAMIÑO DE VIDA NOVA

 


A coresma é un camiño longo, pero o tempo pasa demasiado apresa. Unha peregrinación na que somos empurrados polo Espírito para termos o atrevemento de entrar en deserto. Queda pouco menos dun mes para iniciar a Semana Santa. Animo a todos e todas a que deamos un novo impulsoao noso compromiso. Quero facervos varias propostas:

Camiño espiritual

Temos a disposición diversos materiais de oración e reflexión. A nosa diocese ven de publicar cada día a reflexión do Evanxeo. Poño aquí o enlace dos recursos que nos ofrecen para esta coresma

Del desierto a la luz. Lectura y reflexión del evangelio


Os horarios das celebracións da Eucaristía e da Reconciliación 

A Franqueira

Mércores ás 5 da tarde: Confesións e 6 da tarde Eucaristía
Sábados ás 5 da tarde: Confesións e 6 da tarde Eucaristía e Canto da Salve orando polos efermos
Domingos ás 11 da mañá Eucaristía e Rezo do ángelus.
ás 4,30 da tarde rezo do Vía Crucis e 5 da tarde Eucaristía 

Prado da Canda

Misas
Xoves: Eucaristía e Vía Crucis
Domingos: Eucaristía ás 10 da mañá

A Lamosa

Misas
Venres: Eucaristía e Vía Crucis
Domingos: Eucaristía ás 12,15 da mañá

Crecer coa Fratelli tutti

Unha lectura comentada para cada día sobre a base do documento do Papa Francisco sobre a fraternidade. Unha pequena semente que cada día nos dará a oportunidade de coñecer mellor a Doutrina Social da Igrexa e a súa proposta actual

Crecer coa fratelli tutti









No hay comentarios:

Publicar un comentario