Estamos afeitos a deixar onda a imaxe da Virxe ofrendas de agradecemento e petición. Moitos son os que, con moito sacraficio, non so polo valor, senón tamén polo que significan entregan esa ofrenda como mostra de cariño á Nosa Naiciña. Lembro o día que unha muller xa anciá entregou un par de pendentes que foran da súa avoa. Imaxinarvos o tempo que tiñan. A min partiume o corazón porque non podía ser que aquela muller se desprendese de algo tan apreciado. Pero asúa insistencia foi a que venceu. Todas as ofrendas están ben custodiadas, coidadas e garimadas, pois detrás de cada detalle hai unha historia, un relato da vida, unha bágoa e un soriso, unha ilusión e un corazón pacificado polo amor tenro da Nai.
Onte atopei este tesouro, que queda tamén arquivado no santuario e que comparto convosco.
É un poema oración que lle entragou unha muller que se chama María Luisa Castro. Gracias pola túa pregaria que poñemos tamén todos xunto a ti. María Luisa é de Ourense e ten 94 anos.
Transcribo este tesouro
Nosa Señora Bendita
a santiña da Fraqnueira
véñoche a dar as gracias
e o fago desta maneira.
Fai anos viñen eiqui
e cheeguei desconsolada
pedir pola miña filla
gracias a vos curada.
Quéroche pedir por min
oh Santiña da Franqueira
auméntame máis a fe
e tamén cúrame esta reuma.
Oh. Señor non me abandones
anque teña pouca fe
confío en que me perdones.
María Luisa Castro
Ourense
10-xuño-2018
(94 anos)
feliz día a todos
Graciñas aos que cada día levades no corazón á nosa Virxe da Franqueira
Xabier Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario