viernes, 6 de enero de 2017

VEÑEN OS REIS


Todo o ano os peregrinos da Franqueira acceden ao santuario a través da porta que representa a adoración dos magos

Sabios, magos, reis... son eles os personaxes que se funden no evanxeo sendo mensaxe de como buscar, acoller e adorar ao Salvador nacido en Belén. Son a mostra de como estes persoeiros que simplemente son nomeados unha soa vez, nun so evanxeo, o de Mateo, nos relatos da infancia, teñen unha trascendencia tan imprescindiblñe que se fan necesarios na vida don crentes máis novos e dos ateos máis vellos. Poucos hai que non se ilusionen neste día e que non vivan con fonda sensibilidade estas horas que enchen de luz os fogares de todos.
Estes sabios, magos, reis... descubren nun sinal, unha estrela, un camiño a facer perscurando na mesma natureza, na historia e nos signos dos tempos a presenza trascendente de quen ven a cada un a facer morada e habitar no medio deste mundo.
Sabios, magos, reis... que camiñas, saen, buscan, interpretan, estudan, preguntan, son pois exemplo das inquedanzas e búsquedas de todos os homes de todos os tempos.
Sabios, magos, reis .... que se deixan interpelar polas Escrituras e as promesas dos profetas, eles sen seren do pobo xudeo séntense chamados a participar da gloria que trae a saúde a todo o mundo.
Sabios, magos, reis... que se postran, adoran e ofrecen. Recoñecen no meniño de Belén a sabedoría que da resposta a todas as inquedanzas. Esta sabedoría chámase amor. 
Hoxe, somos sabios, magos, reis, que saen, buscan, chaman, atopan, adoran, ofrecen e reciben o don garimoso do amor de Deus.

Nosa Señora da Franqueira, grazas por amosarnos ao teu Fillo, o teu agasallo para nós.

Feliz día de reis
Javier Alonso
A Franqueira
06-01-17

No hay comentarios:

Publicar un comentario