viernes, 29 de noviembre de 2013

Praparación espiritual para a clausura do Xubileo

Quedan poucos días para clausurar o Xubileo da Franqueira. Queremos convidarvos a todos a celebrar este final cunha proposta oracional. Desde o día 1 ata o día 8 de decembro rezar cada día,ás 12 da mañá, o Anxelus. No folleto que unimos neste correo está explicado. Xunto coa oración que lembra o Misterio da Encarnación aplicar cada día unha letra das ladaíñas xubilares, que tantas veces cantamos este ano. E xunto con esta intención, facer un momentiño de silencio, dando grazas e pedindo, e recitar frases de cantos, poesías, etc que recollimos da literatura en torno á Virxe da Franqueira. Lembrade o día 8 de decembro, solemnidade da Inmaculda, clausura do Xubileo, ás 5 da tarde na Franqueira Podes descargar o material de oración na páxina web do santuario www.afranqueira.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario