sábado, 31 de agosto de 2013

Romería da Franqueira. Horarios 2013


La foto es de una colección de postales de los años 30



Romería da Franqueira. Horarios NOVENA Comeza o día 30 de agosto. Tódolos días ás 8 da tarde excepto sábado ás 6 e domingo ás 4,30 da tarde. Centrarase a reflexión no capítulo VIII da “Lumen Gentium” do Concilio Vaticano II e na carta do Papa Francisco “Lumen fidei” VENRES 30. DÍA DAS FAMILIAS (8 da tarde) Rezaremos polos matrimonios de recén casados e polos que celebran os 25 e 50 anos de enlace matrimonial. VENRES 30. PEREGRINACIÓN DE XOVES (11 da noite) Saída do santuario e peregrinación ata o “Coto da Vella”. Na chegada ó santuario: oración á Virxe e chocolate. SABADO 31. FUNERAL POLOS DEVOTOS DA VIRXE DA FRANQUEIRA (12 da mañá) Pola mañá haberá Misas ás 9 e 10,30 Ás 12 da mañá: Funeral solemne en sufraxio polos devotos defuntos. SABADO 31. DÍA DOS NENOS (6 da tarde) Despois da Misa haberá xogos e agasallos para os cativos DOMINGO 1. DÍA DOS ENFERMOS Pola mañá as Misas serán ás 10, 11 e 12 Ás 5 da tarde Misa e bendición dos Enfermos. SOLEMNE TRIDUO Día 5: “ A Virxe María, a fe meditada” Día 6: “A Virxe María, a fe rezada” Día 7: “A Virxe María, a fe vivida” SABADO 7 Misas ás 9, 10, 11. da mañá As 12 MISA SOLEMNE E PROCESIÓN, Preside D. Ángel Carnicero Carrera, formador do Seminario Menor de Tui Novena ás 6 da tarde Misas ás 6 , 7 e 8 da tarde 9 da noite: PROCESIÓN DAS ANTORCHAS CO REZO DO ROSARIO DOMINGO 8. NATIVIDADE DA VIRXE MARÍA Ás 7 da mañá comezarán os cultos en Honor da Virxe da Franqueira coa celebración de Laudes. Misas ás 7, 8, 9, 10, 11 da mañá Ás 12, MISA SOLEMNE E PROCESIÓN. PRESIDIDAS POLO SR. BISPO DA DIOCESE D. LUIS QUINTEIRO FIUZA Pola tarde Misa ás 5, 6 e 7 LUNS 9 Misa ás 11 da mañá As 12 MISA SOLEMNE E PROCESIÓN. Pola tarde Misa ás 6 As danzas en Honor da Virxe da Franqueira e o Drama do cristián e o mouro serán interpretados os días que hai procesión por xoves da parroquia e estarán acompañados polo grupo de gaiteiros “Os folieiros de Lavadores” SABADO 14 Misas ás 9, 10,30, 12 da mañá e 6 da tarde DOMINGO 15. Misas ás 9, 10, 11 e 12 da maña Pola tarde Misa ás 5 e 6 DOMINGO 22 FESTA DOS POXOS Misas ás 9, 10, 11 da maña Ás 12 MISA SOLEMNE E PROCESIÓN Ó FINALIZAR A PROCESIÓN SUBASTA DE OFRENDAS Pola tarde Misa ás 5 e 6 DOMINGO 29 Misas ás 10, 11 e 12 da mañá Pola tarde Misa ás 5 Informacións do Santuario Misas no mes de setembro: OS SABADOS ÁS 9 DA MAÑÁ: MISA DE PEREGRINOS DE LUNS A SABADO ÁS 6 DA TARDE Horario de Misas do Santuario durante o ano: Mércores ás 6 da tarde, Sábados ás 6 da tarde, Domingos ás 11 da mañá e ás 5 da tarde. O día 8 de cada mes, Misa solemne ás 12 h, excepto os domingos ás 11 h. INDULXENCIA PLENARIA DO ANO XUBILAR Con motivo da celebración dos 50 anos da Coroación Canónica da Imaxe da Virxe da Franqueira, o Papa concedeu a este Santuario un Ano Xubilar. Os peregrinos poden lograr a Indulxencia Plenaria, aplicable tamén ós fieis defuntos ó rezar polas intenciósn do Santo Pai Francisco, confesan e comulgan, tendo un sincero arrepentimento dos seus pecados. A clausura do Ano Xubilar será o día 8 de decembro. PEREGRINACIÓNS 13-19 de outubro: VI Peregrinación a Lourdes. 26 de outubro: XI Peregrinación do Rosario desde a Lamosa á Franqueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario