Neste día celebramos ao patrón de Europa, San Bieito de Nursia. Imos poñer baixo a súa intercesión algunhas peticións e a seguir o seu exemplo de vida cristiá e consagrada ao Señor e aos demáis.
1.-
San Bieito foi un xoven con inquedanzas e en búsqueda da verdade,
preguemos a Deus polos xóvenes, para que se formen ben nos estudos,
traballen polo seu futuro e descubran a súa vocación respondendo á
chamada do Señor
2.-
San Bieito retirouse á vida en soidade nas montañas, pidamos a Deus
polos que, perdidos no barullo da vida, nas preocupacións e
problemas se senten tristes e insatisfeitos, para que, poñendo a súa
confianza en Deus recuperen a ilusión e teñan esperanza.
3.-
San Bieito foi adquirindo a sabedoría da vida e foi mestre e
acompañante espiritual, pidamos ao Pai polos profesores, educadores
e todos os que teñen responsabilidades educativas, especialmente os
pais e nais, para que, deixándose guiar polo Espírito saiban
acompañar na fe e axuden a descubrir a verdade.
4.-
San Bieito foi un home de oración, pidamos a Deus polos monxes e
monxas, para que, facendo dos mosteiros faros de fe no medio do
mundo, axuden coa oración a que a sociedade busque o ben e a
xustiza, especialmente cara aos máis necesitados.
5.-
San Bieito axúdanos a pedir o que nos convén en cada momento
confiando na providencia de Deus, pidamos polas necesidades e
inquedanzas que traemos cada un, especialmente polos enfermos, os que
non teñen traballo e polas nosas familias
6.-
San Bieito axúdanos a recuperar a beleza da nosa vida cristiá,
pidamos para que, sexamos testemuñas da fe e transmitamos os valores
do Evanxeo.
Feliz día de San Bieito
No hay comentarios:
Publicar un comentario