Virxe María, estrela locente,
abre o noso corazón
así poderemos verte
co teu Fillo ao carón.
Alumeas as vidas
dos que navegamos
almas agradecidas
pois en ti esperamos
Subidos ao Carmelo
en silencio entre as penas
unha vida sinxela
como a do pai Elías
Silencio e escoita
da Palabra eterna
un puñal que se espeta
na Palabra que se encarna
María, escraviña do Señor
oe, acolle e da vida
nun corazón de amor
a Palabra recibida.
Navegamos polo mar
para non se perder
o faro de luz observar
un rumbo de fe coller.
Estrela dos mares
María, ruta segura
fotalécenos ante os males
esperanza na amargura.
Virxe do Carme, Nosa Nai
hoxe te celebramos
co teu Fillo onda o Pai
co Espírito te cantamos.
Graciñas nosa Señora
o teu corazón non abandoa
o que o amor añora
e que en caridade a todos se doa.
Faro lucente
dos que en Cristo cremos
camiñamos ao abrete
do Reino que esperamos.
Feliz día do Virxe do Carme
Javier Alonso
A Franqueira
16-07-15
No hay comentarios:
Publicar un comentario