FEITOS A LUME LENTO
Como o da casa non hai. Feito con tranquilidade, sereno e como toda a vida. Así comentamos ás veces. Como non tomar un bo xantar feito no lume da cociña de leña, ou na lareira, o cultivado nas leiras e tratado con dedicación e paciencia. Sabe ben distinta a carne e a froita da casa. Esta realidade nos sirva para evocar este día adicado aos maiores e aos avós. Unha xornada no domingo cercano á festividade de S Xoaquín e Sta Ana. Nunha sociedade que anda ás carreiras e con resolucións inmeditas, unha morea de novas que embotan a mente, necesitamos a tranquilidade do feito con calma. Decidir tendo a ollada posta na esperanza non é doado neste momento de exceso de ruidos e cronómetros. A comida ben feita, a vida ben andada, necesita calma e seguir os pasos dun proceso sen saltarnos etapas, seguir ben a receta da elaborando a nosa cociña do corazón.
A Palabra de hoxe fálanos da oración que ensina Xesús aos apóstolos, o Noso Pai, e dedica unha verba a como debemos orar, confiados en que Deus nos ama e nos regala o Don do Espírito, clave para o noso discernimento no camiño da vida. Pedir, chamar, buscar, tres verbos que evocan actividade, a oración non é un exercicio pasivo de tranquila ausencia da realidade, senón o reforzo, na serena paz do corazón, de seguir activando o desexo, a esperanza de avanzar na relación de amor con Deus e ser fieis discípulos que amosan o Reino na vida.
As claves para este día: autenticidade, maduración na serena certeza e na esperanza, constancia e paciencia, calidade na relación, vitalidade e contemplar a fermosura das arrugas.
Feliz domingo e felicidades aos maiores e avós/as
Gracias
ResponderEliminarAndo divagar, porque já tive pressa...
ResponderEliminar