jueves, 23 de julio de 2020

¿ADOLESCENTES? Un respeto

Xa fai uns cantos anos estiven ao servizo do seminario menor como formador. Unha breve xeira, pero intensa. Dediqueime a ler algunhas das publicacións que había sobre adolescentes. Todos coincidían que era coma terra de ninguén. Nin se quere ser neno, pero non cesa o infantilismo, e deséxase ser adulto, pero non se asumen responsabilidades. Esa loita interna entre o que o que se desexa e a saudade do que vai quedando. Unha pócima explosiva de afectos e reveldía, de medos e incertidumes. Ese berro que bombardea aos cativos, xa medrados, de pelusilla no bigote e acné nas facianas, e que penetra ata no fondo ¡a ver se maduras!

Pois, sabedes que vos digo, un pouquiño de respecto. Porque a ver quen é o guapo que xa é maduro. Porque namentres escribía a descrición anterior, estaba a facer unha radiografía da nosa sociedade. 
Que dis, Unha sociedade adolescente?
Pois si. 
Onte escoiteillo nunha entrevista a unha profesional da saúde na súa preocupación ante a irresponsabilidade social que provoca novos contaxios do COVID

Fixémonos.
A mocidade fai  que ten aprendido. E fixémoslle entender dun xeito erróneo o sentido da responsabilidade. Porque ser libre é facer o que quero, ata que non tropece coa libertade do outro. Polo que ti te convertes para min, non nun ciudadano co que compartir o destino e traballar no ben común, senón un rival, pois coartasme a libertade de facer o que me peta.
Que os nosos fillos oiron falar aos adultos que non podes beber, porque te poden pillar a caerche unha multa. Pesa máis o medo punitivo que unha coducción responsable. Que escoitaron que se pode pagar en B, que outros rouban máis, que a min non me van pillar. Que despotricamos contra a política e os seus, e logo a ver se consigo un eschufe para colocar ou conseguir este favorciño. Que non me veñas a marear a cabeza cos teus rollos de mozo, pero despois non entendo aos meus fillos nin sei porque reaccionan deste xeito. Que a ver se nos movemos para cambiar isto, pero non me compliques con sindicarme, ou saber certamente que é o que pasa. E así podemos ir ata un cento de actitudes.

Pero para min, o que está minando o feitío da xente é a súa adolescencia egoísta, porque antes de que me esqueza, os adolescentes son divertidos, áxiles, inquedos, alegres, amigos e super amigos, abertos, con ilusións, e moitas moitas cousas máis.
Ao que ía. O que nos mina é unha adolescencia egoísta que nos fai mirarnos continuamente ao embigo. E isto é o que nos sucede.
Miranos ao embigo de que somos os mellores, a sanidade mellor do mundo, presumían moitos, pero coa maior tasa se contaxios entre eles por falta de materiais e protocolos.
Miramos ao embigo de que somos o destino turístico mellor, e podemos desfacer o tecido industrial e mandamos aos mellores a traballar na investigación ao estranxeiro.
Miramos o embigo de que somos libre pensadores e desenrolamos unha morea de dereitos, e cremonos señores e donos absolutos de todo. A que nos sirvan.
Miramos o embigo de que nos motiva a apetencia, o gusto, o inmediato, e que non lle guste que lle de... así construimos algunhas decisións. Cando os políticos se moven por conveniencias partidistas ou beneficios eleitorais.
E agora, a culpa é dos adolescentes e da mocidade. 
Pero non. Como malos adolescentes, sabedes?. Non queremos asumir a responsabilidade común.
A madurez e deixar de mirarnos o embigo e pornos ao servizo dos outros.
A madurez chega cando entendes a vida na entrega por que te enamoraches. Cando das a túa vida polos teus. Cando te ergues cedo para traballar e comprendes que estás a construir algo mellor, coidar da túa familia e medrar. Madurar é cando sabes perder tempo cos que necesitan falar, desafogar, e saber aceptar. Madurar é cando descubres o milagres da gratuidade, do que non tes que estar sempre recibindo compensacións por todo.
E agora dime. 
Non necesitamos madurar como sociedade.
Sexamos bos adolescentes e mellores.

Unha aperta
Xabier Alonso












No hay comentarios:

Publicar un comentario