jueves, 25 de julio de 2024

ULTREIA- SUSEIA e máis cousiñas

 ULTTREIA- SUSEIA e máis cousiñas

Tres verbas e unha frase. Neste día do apóstolo traio á memoria expresión relacionadas coa espiritualidade xacobea. 

O CAMIÑO. Coas expresións Ultreia- Suseia, saudábanse os peregrinos. camiño de Compostela. Ultreia pódese traducir por "Imos!, adiante!, máis alá!, ao que se responde Suseia Máis arriba, como parello ao  Aleluia! 

Os novos peregrinos da fe somos chamados a repetir nas nosas tarefas diarias, no peregrinaxe como impulso interior de sabermos chegar á fin do camiño. Vivimos tempos de certa desolación e baleiros interiores que desgastan, pois a meta de tanto sacrificio vése velada ou trastocada polas preocupacións da vida. Fixarvos no sanador, alentador e reconfortante dun abrazo e unha verba sincera dicindo "ánimo, adiante, confía, non estás so, un paso máis..." non nos soluciona o problema, pero o alumea. Así é tamén o camiño da fe do crente. Temos os mesmiños problemas que os demáis cidadáns, pero, desde a fe pódes afrontalos e asumilos dun xeito diferente? Pois, por moi duro que sexa o camiño, adiante.

A DECISIÓN. Possumus


Hoxe na lectura do evanxeo escoitamos esta resposta de Santiago e Xoán ante a pregunta de Xesús, Podedes beber do cáliz que eu teño que beber? Podemos, responden. Ven todo a raíz da petición de querer ocuparen os primieros postos no Reino. Oportunidade que ten Xesús de aleccionarnos sobre os criterios de poder, pasando a ser servicio, entrega, ser últimos e escravos. Que non se refire aos feitos concretos nos que estamos a servir aos demáis, senón a configuración da vida a Cristo servo. Possumus, podemos ser cada un servos doantes da nosa existencia ao ben de todo. E cando digo todos son bos e malos, pois o xuizo é cousa de Deus, que fai chover sobre todos e sair o sol sen distinción. 

MISIT ME DOMINUS. O Señor foi quen me mandou

Esta frase está escrita na carteleira da imaxe do Apóstolo situada na columna do parteluz do Pórtico da Gloria. O Señor Santiago recibe aos peregrinos, abre as portas da súa casa, convida a rezar agradecidos e lembra o sentido do camiño. Non somos nós quen decidimos facelo, senón o señor quen nos chama, quen nos manda a estar con el por medio da Igrexa, comunidade que da testemuño da fe coa vida. 

Feliz día do Apóstolo, recemos pola nosa Igrexa que peregrina en Galicia.

Hoxe Misa solemne e procesión en Prado da Canda

2 comentarios: