jueves, 18 de julio de 2024

A CARIDADE NO MINISTERIO DO BISPO

 A CARIDADE NO MINISTERIO DO BISPO

CARITAS CHRISTI URGET NOS

Escudo na fachada do Colexio
da Milagrosa en Tui, fronte da Catedral

Este é o lema do escudo do novo bispo D. Antonio. Unha frase recollida da carta de S Paulo aos Corintios, e que é seña de identidade da familia vicenciana e de outras congregacións, como as Irmás do Amor de Deus. Unha invitación a recoñecer, como nos di na explicación, que "o amor de Deus, manifestado en Cristo, é o lugar desde o que achegarnos e abrazar ao mundo enteiro... esa caridade lévanos a comprometernos na transformación da realidade e con cada persoa".

Co desexo de comprender mellor esta dimensión tan esencial, non so no ministerio episcopal, senón en toda a vida da Igrexa, transcribo un párrafo de Apostolorum sucessores número 194

 La responsabilidad del Obispo en el ámbito de la caridad aparece ya en la liturgia de la ordenación episcopal, cuando al candidato se le pregunta específicamente: “¿Quieres ser siempre acogedor y misericordioso, en el nombre del Señor, con los más pobres y necesitados de consuelo y ayuda?” De esta manera, el Obispo, consciente de su función de presidente y ministro de la caridad en la Iglesia, mientras cumple personalmente este deber en todas las formas que la condición de la población exija y con todos los medios a su disposición, trate de sembrar en todos los fieles – clérigos, religiosos y laicos – reales sentimientos de caridad y de misericordia para con quienes por cualquier razón estén “fatigados y oprimidos” (Mt 11, 28), de manera que en toda la diócesis reine la caridad como acogida y testimonio del mandamiento de Jesucristo. De este modo, los fieles experimentarán que la Iglesia es una verdadera familia de Dios, congregada en el amor fraterno (cf. 1 P 1, 22), y serán muchos los hombres y mujeres deseosos de seguir a Cristo.

Os nomes dos bispos
están escritos na parede da 
Sá Capitular

A misión do bispo nesta dimensión é a de velar pola fortaleza dos organismos e actividades caritativas e sociais, así como de promoción humana, solidariedade, denuncia profética e creatividade ao servizo dos últimos. As novas relidades sociais, o crecemento de novas pobrezas, o distanciamento provocado polo individualismo e moitas actitudes que desprezan e desterran ás persoas, fan urxente, como nos di o lema, manifestar con máis forza a caridade de Cristo a todos. 

Cada bispo na súa etapa na Igrexa, intenta levar adiante esta misión. Moitos prelados tudenses foron fundadores de casas de misericordia, hospitais para pobres como o que está a carón da catedral e que agora está ocupado polo museo diocesano, fundacións e colaboracións con institucións seglares e civís, así como o impulso de casas dedicadas aos enfermos ou anciáns e familias que desenrolan os distintos carismas das Congregacións relixiosas. No anos 40 do século XX dase unha resposta urxente ás necesidades sociais a través dun órgano caritativo que nace na Acción católica, pasado o tempo convértese na Cáritas Diocesana que toma corpo no ano 1970. Temos asemade que agradecer inciativas creativas e concretas no nos territorio, como son a Misión do Silencio ou a Fundación da Santa cruz (antes Irmáns Misioneirtos dos Enfermos Pobres), ou realidades que foron desaparecendo co paso dos anos e que debemos estar profundamente agradecidos.



So me queda resaltar un pequeno detalle. O último bispo que recibiu a consagración episcopal en Tui foi Manuel Lago González. Ordenouse o 3 de abril de 1910, véspera de S. Telmo. Natural de Tui era nomeado bispo de Osma. Este bispo celebrou a súa consagración cun xantar compartindo mesa cos pobres da cidade, e despois pasando unha velada vespertina no Seminario, onde, cando era seminarista e profesor, lía poemas e realizaba veladas literarias. 

Na fotografía poño algunhas das carteleiras que adornan a Sá Capitular da catedral de Tui cos nomes dos bispos. Queda moito sitio baleiro, pero pronto se escribirá o nome de Antonio Valín Valdés como continuación dun camiño que facemos todos.


1 comentario: