miércoles, 17 de julio de 2024

A CÁTEDRA DO BISPO

 A CÁTEDRA DO BISPO

Cátedra do Bispo
da Sé tudense

Hoxe imos saber un pouquiño máis do sitial que ocupa o bispo no presbiterio da catedral de Tui. A cátedra, como escribín onte, é unha verba grega que significa asento alto. Desde esta cadeira, máis embelecida que o resto, faise presente o maxisterio do prelado, do bispo e que dirixe nas cerimonias de especial relevancia diocesana aos seus fieis. 

A Cátedra dalle ademáis nome a todo o edificio, catedral, e se transfire ao ámbito civil como a cátedra universitaria, lugar desde o que o profesor imparte o ensino, de ahí o nome de catedráticos. 

Mitra e na parte superior
a sabedoría
No caso da Catedral de Tui, a cátedra, ou se do bispo que se atopa no presbiterio, non é orixinal para este lugar, senón que foi trasladada desde a Sá Capitular situada no piso superior, enrriba da sancristía. A Sá Capitular ten unha sillería moi interesante e, as paredes, decoradas cos nomes de todos os bispos da diocese así como
unha representación do Espírito Santo. O sitial do Bispo desta Sá, xunto co mobiliario, foi labrado por Ciprián Domínguez no ano 1711, sendo bispo Frei Anselmo Gómez de la Torre, o mesmo que no seu tempo, se fixo o Coro dos Coéngos, o Retábulo da capela de Santa Catarina, así como os mobles da Sancristía e as portas da mesma catedral. 
A Caridade

A Xustiza

A cátedra é una obra reseñable do barroco, nela vense diversos símbolos referentes á dignidade episcopal. No respaldo está tallada a imaxe de San Epitacio, primeiro bispo, sobre el unha mitra e no teito o sol represnetando a sabedoría, e na parte baixa do sitial un birrete capitular. Na base vese unha panoplia, símbolos da armas da guerra, e nos laterais as alegorías das virtudes que deben adornar o ministerio do bispo: Fortaleza, Caridade, Xustiza e Prudencia. Na parte superior do sitial está a imaxe da Asunción da Virxe, titular da Catedral tudense. 

Asunción da Virxe
S Epitacio

No rito de consagración do bispo, como vimos onte, realízase un xesto tan sinxelo como que ao fin da mesma senta no sitial, con esta acción toma posesión da Diocese. Asume desta forma a tarefa que se lle encomenda sendo Mestre da Palabra, Sacerdote para gloria de Deus, exemplo de Caridade e Pastor entregado. O mesmo Xesús no evanxeo senta para predicar, así aparece no discurso do monte cando proclama as benventuranzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario