jueves, 11 de julio de 2024

TELMO MACEIRA, BISPO DE MONDOÑEDO E TUI

 BISPOS DE TUI 5



Vitor da Facultade de Dereito

TELMO MACEIRA BISPO DE MONDOÑEDO

Dentro do amplo catálogo de bispos da nosa diocese cabe ter en conta algúns nados na nosa terra, especialmente Telmo Maceira e Lago González.Hoxe imos por a nosa ollada no primeiro pois foi, durante breves anos, tres nada máis, bispo de Mondoñedo. Traio á memoria lembrando os lazos pois que nos unen as dúas sedes episcopais. 

Vitor na entrada da Sa Capitular
da Catedral de Tui

Telmo Maceira Pazos naceu en Tui no ano 1798 e faleceu tamén en Tui no ano 1864. Estudou no antigo convento de Santo Antonio, actualmente Seminario Menor de Tui, contonuou os estudos no mosterio de Poio e, posteriormente na Universidade de Santiago para graduarse en teoloxía e dereito canónico. Na facultade de dereito consérvase un vítor que reproducimos en homenaxe ao noso persoeiro cando foi consagrado bispo..

Comeza o seu ministerio sacerdotal como párroco de Vide, no concello de As Neves, que conserva unha imaxe de S Telmo agasallada por el. En 1828 acada a canxía de maxistral na catedral de Tui e no 1860 nomeado Deán da mesma. Nesa época foi senador e predicador real. En 1852 foi designado Bispo de Coria, pero logo foi proposto para a se mindoniense. Recibiu a consagración episcopal en Tui de mans de Casarrubios, bispo de Tui e do bispo de Plasencia José Ávila, tamñen natural de Tui e do bispo de Astorga Benito Forcelledo. 

A súa estadía en Mondoñedo foi breve. Comeza o seu ministerio cunha carta dirixida con carácter paternal e dócil a súa diocese. Ex`resa os perigos existente e a necesidade de fortalecerse na fe en Cristo, non esquezamos a época cargada de problemas daquel tempo. No 1854 dirixe otra carta con motivo do xubileo concedido pola declaración do dogma da Inmaculada Concepción de María. 

Carta Pastoral sendo Bispo
en Mondoñedo

No 1855 é nomeado bispo de Tui. Nesta diocese realizará unha fecunda tarefa. Construiu as igrexas de Frinxo e S Xosé de Prado, edificou a galería do pazo episcopal e outras obras na catedral, visitou toda a dicoese e promoveu a formación do clero, fundou congradías como a do Corazón de María, instaourou o Mes de Maio e favoreceu a formación dos nenos para a primeira comuñón. Con el comezou a prublicación do Boletín de Bispado. está soterrado na capela de san telmo da Catedral.


No hay comentarios:

Publicar un comentario