![]() |
San Epitacio |
Ao longo desta semana imos cambiar o rexistro do que vimos de escribir sobre a figura do bispo con motivo da consagración de D. Antonio o vindeiro día 20. Veremos, de xeito moi sinxelo, as figuras senlleiras do episcopado antigo de Tui e Galicia que se atopan esculpidos na sillería da catedral tudense. .
A sillería do coro cumpre coa función de ser o lugar da pregaria do Cabido da catedral, que deben coidar do culto da igrexa nai da diocese. O coro da nosa catedral está feito sobre un máis antigo do que se gardan algunhas táboas, e foi esculpido por Castro Canseco no ano 1700. Realmente é unha xoia digna de contemplar. Nos sitiais superiores aparecen imaxes de santos a santas, a maioría do calendario da nosa diocese: San Paio, Santa Liberata e as irmás márires como Santa Mariña, Santa Eufemia. Tamén están os máis achegados a Tui como San Xián do monte Aloia, San Críspulo e San Restituto, segundo a tradición primeiros mártires de Tui, ou San Teotonio que nos une tan estreitamente con Portugal.
Temos que aclarar, antes de nada, que as igrexas antigas, co desexo de garantir a sucesión apostólica como seña de identidade e señerdade, buscan as súas orixes na predicación dos apóstolos, no noso caso, no Apóstol Santiago.
Imos comezar hoxe cos tres primeiros bispos, que, como non podería ser doutro xeito, son declarados santos, e que non temos máis garante da súa existencia que a da tradición. Por estes motivos, na reforma litúrxica, deixaron de pertencer ao calendario diocesana, pasando so os que temos unha certeza histórica.
![]() |
San Evasio |
![]() |
San Ovidio |
San Evasio, segundo bispo, seía discípulo de Santiago e quen viaxou con el de volta a Xerusalén, e que posteriormente trería o seu corpo de volta a Galicia.
O terceiro en ocupar a cátedra tudense, segundo a tradición, sería San Ovidio. Del dise que foi enviado polo papa Clemente e que gobernou conxuntamente as dioceses de Tui e Braga.
![]() |
Santo Toribio |
mañá seguimos con outras curiosidades
Todo esto es muy interesante
ResponderEliminar