jueves, 11 de julio de 2024

BISPOS DE GALICIA NA CATEDRAL 4

 BISPOS DE GALICIA NO CORO DA CATEDRAL DE TUI 4

Damos un pasiño máis. Nesta ocasión podemos contemplar a 5 bispos santos da nosa terra que marcaron fondamente a historia da Igrexa que peregrina neste recuncho do Finisterre.



S Rosendo

San Rosendo

Foi bispo moi novo alá polo 929 sen cumprir os 30 anos. Comezou en Dumio e logo en Mondoñedo no que ten unha profunda pegada. Fundou Celanova onde remataría a súa peregrinación da vida como monxe. Sendo asemade lugartenente do rei de Galicia fixo frente ás invasións en Portugal por parte do musulmáns, así como dos normandos que ameazaban polo mar. Foi chamado a pastorear Compostela e finalmente rematou en Celanova. A súa tía Aragonta, quen casara co rei de León, e nun ano desprezada, retirárase a un mosteiro fundado por ela, o dúplice de Salceda de Caselas, orixe da poboación actual. Aragonta mandou recado ao seu sobriño a Celanova estando moi enferma pois quería despedirse deste mundo. Camiñando Rosendo cara Salceda sentiu cantares de anxos e unha revelación que lle dicía que xa falecera Dona Aragonta. Este feito aconteceu na contorna da Franqueira, onde daquela xa estaban os primeiros monxes habitando o lugar. 

San Gonzalo

S Gonzalo de Mondoñedo

Gonzalo de Galicia foi bispo de Mondoñedo entre 1070-1112 e o seu sepulcro está na Basílica de San Martiño de Mondoñedo, concello de Foz onde rexía como párroco o noso futuro bispo D. Antonio. Un fermoso museo recopila pezas de gran importancia como o báculo e o anel de San Gonzalo. Dános moita ledicia comprobar a conexión do noso patrimonio catedralicio co noso bispo electo nas terras da Mariña.

San Froilán

Nado en Lugo no 833 dedicouse desde moi novo á vida eremítica na comarca do Bierzo. Impulsado polo desexo de anunciar o evanxeo percorre dispintos lugares ata que o declaran bispo de León, onde falece pasados os 70 anos. É patrón de León e de Lugo. represéntase cun lobo nos seus pes por unha

S Froilán de Lugo

lenda daa súas andainas de predicador.

San Pedro de Mezonzo

Foi monxe do cenobio de Santa María de Sobrado dos Monxes. Foi bispo de Santiago de Compostela e, despois da devastación de Almanzor dedícase á restauración do templo compostelano. Morre a comezos do S XI. A tradición faino compositor da oración da Salve Regina.

S Pedro de Mezonzo

San Alfonso de Astorga

Foi bispo no século XI e foi tamén un dos bispos retirados ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

San Alfonso de Astorga











No hay comentarios:

Publicar un comentario