lunes, 8 de julio de 2024

BISPOS NA CATEDRAL DE TUI 2

 BISPOS NA CATEDRAL DE TUI 2


San  Martiño de Dumio
Seguimos o noso itinerario vual polo coro catedralicio de Tui. Imos falar da época sueva e posterior. Dous bispos que marcaron o itinerario evanxelizador da Gallaecia a través da vida monacal. S Fructuoso e Sa Martiño son os homes da renovación, comezando pola súa propia experiencia vital.

S. Martiño de Dumio nace nas terras de Panonia, no entorno do Danubio, peregrina por Terra Santa, Roma e Francia. O encontro cos suevos e a a búsqueda dun remedio para salvar ao príncipe herdeiro fará cambiar o seu destino. Chega a través do mar ás costas galegas e remonta polo Miño. establece o seu centro de acción preto de Braga e da corte sueva. Desde ahí vai espallando a renovación, impulsando o estilo doutro Martiño, o de Tours, a quen lle profesa unha fonda devoción. Asume o cargo de arcebispo da metrópole bracarense. A el se lle deben obras de fondo calado como o catecismo encargado polo bispo de Astorga e que pretende desterrar os costumes pagáns. Neste contexto ao celebrarse os concilios de Braga atopamos que a nosa diocese de Tui é a que está  máis amplamente estructurada, de forma que no Parroquial suevo do ano 572 son moitas as comunidades que se atopan no territorio tudense. 

San Fructuoso de Braga

San Fructuoso descende dos godos, viviu como eremita e no seu desexo da fundación de comunidades percorre León, Galicia e ao sur da península. No ano 656 é nomeado bispo de Dumio e posteriormente arcebispo de Braga. Grazas á súa experiencia quedaron como testemuña as regras para a vida dos monxes. 

Como vemos, a expansión da fe polas terras galegas, sobre todo no rural, foi a través dos monxes, que logo cos bieitos e o císter, fixo de Galicia o lugar europeo co maior número de mosteiros de toda a cristiandade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario