martes, 9 de julio de 2024

BISPOS DE TUI 3

BISPOS DE TUI 3 

San Vimarasio
Imos deternos un intre en dous bispos tudenses que están esculpuidos na sillería do coro catedralicio.
Trátase de dous homes entregados ao pastoreo da grei a eles encomendada, e que, renunciando á súa sede, deciden retirarase á vida monástica no famoso mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Alí forman o famoso grupo dos 9 santos bispos que son o testemuño agochado durante séculos e que os seus anéis foron atopados hai ben pouco.

San Viramasio, foi bispo de Tui do ano 937 ata o ano 942 en que se retira ao mosteiro da Ribeira Sacra. Atópase o seu nome nunha doazón ao mosteiro de Celanova, relacionado con S Rosendo. Era sobriño do bispo Hermoixio,polo tanto familiar do noso amado neno mártir San Paio. Viviu nun tempo de asedios e invasións, cargada de dificultades. 

San Viliulfo
San Viliulfo foi bispo de Tui entre os anos 952 e o 990, é un dos bispos consagrantes de Cesáreo, abade de Santa Celicia de Montserrat, metropilitano da tarraconense e que se celebrou en Santiago no 959. Viviu tamén os asedios das invasións normandas.

Non cabe dúbida que o século X é un dos tempos máis florecentes en santidade na nosa terra galega. Será dado porque cando veñen dificultades?
Sae así o fondamento de fe que levamos no interior? Pois agora non nos asedian as armas de invasores, pero debemos estar dispostos a dar razón da nosa esperanza nun tempo de desalento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario