Separarnos non é doado. Máis cando perdes alguén amado. Agárraste á lembranza máis pequena. Intentas prolongar no espazo e no tempo a presenza, revivindo os montos felices e abandoando os tempos de doenza, buscando o imitable e esquecendo o que nos alonxa. Revivir, dicimos, traer á vida o que xa non está. Esta é a experiencia común de todos. A dor é transformada pola serena comprensión e o alento do suspiro que resoa no corazón. A doenza fica transformada polo agradecemento de ter compartido a vida, ás veces cando é curta e difícil, quedándose, revivindo o que podería ser e non foi, pero que asumimos o compromiso de completar o que a vida que foi arrebatada por un ladrón nocturno.
Xesús abre camiños de encontro no infindo logrando que o que podería ser o remate dunha fermosa historia, na presenza transformadora do Espírito que da vida. Cristo, o Crucificado, arrebatado pola violencia amosa as pegadas do sufrimento convertidas en chagas de victoria que unen a desesperanza dos homes facendo posible o imposible, que poidamos vivir aquí máis alá da morte e morrer dando vida. Alentadora promesa que non remata nin se se funde, senón que está escrita coas letras douradas do amor no corazón dos homes e mulleres, facéndoas testemuñas da eternidade.
Cristo non marcha, abre camiños de fraternidade, facendo posible que os irmáns volvan ao encontro do abrazo ollado pola mirada misericordiosa do Pai, e fundindo nunha aperta, o latido do Espírito que dá vitalidade ao que parece esmorecido.
A Ascensión é o amor que clama polo home a facer unha peregrinación, a sentar co Home Novo que coñece a realidade máis cativa do corazón e dialogar no Pai intercedendo, amosando as chagas gloriosas. É o que deseña o itinerario de cada persoa, superando as dificultades, descargando os impedimentos e pondo as posibilidades de cada un. Cristo fai a ofrenda e preséntaa como remedio de salvación.
A Ascensión do Señor é o vieiro da humanidade que xurde nas augas e provoca a espera do don agarimoso do Amor que fará posible que o bacelo amqarrado na vide teña a forza de dar froitos de caridade, gozo, paz, paciencia, longanimidade, bondade, benignidade, mansedumbre, fidelidade, modestia, continencia e castidad. Ser testemuñas do que o Señor fai en cada un e compartindo co mundo un fogar de servidores e xenerosos discípulos e apóstolos do Reino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario