Estes días vai ser moi difícil que poidamos compartir a reflexión diaria desde este santuario. As tarefas vanse acumulando na recta final da celebración da Romaría na Honra da Nosa Señora da Franqueira. Por iso, nesta reflexión quero compartir convosco algunhas inquedanzas en torno a esta festividade.
1.- A celebración das Pascuillas está íntimamente unida ao final do tempo pascual. A Solemnidade de Pentecostés pecha este ciclo. Durante 50 días, 7 semana de 7 días, co simbolismo que ten este número na Sagrada Escritura, é unha invitación a celebrar o xúbilo da efusión do Espírito Santo. A plenitude da Gracia e da vida en Deus faise presnete na vida daquel que renace en Cristo e dalle os dons para facer presente o Reino.Os 7 dons que se infunden no crente configuran na unidade o xermen da Igrexa que sae a anunciar a Boa Nova. Son os sete dons, oura vez o número 7, os que desplega en nós o Espírito Santo: sabedoría, intelixencia, consello, fortaleza, ciencia, piedade e temor de Deus. Sería interesante dedicar cada día a un destes dons. Así como os 12 froitos do Espírito: caridade, gozo, paz, paciencia, longanimidade, bondade, mansedume, fidelidade, modestia, continencia e castidade.
A festividade de Pentecostés era unha das festa do calendario xudeo que nacera na recolección dos primeiros froitos. Así ao entregar as primicias a Deus manifestábase o agradecemento polos dons recibidos. Pasaría esta festa a ser conmemoración da Alianza de Deus con seu pobo.
2.- O luns, día seguinte a Pentecostés, celebramos esta festividade dedicada a Virxe María. Ela, que é a terra boa na que foi sementada a Palabra, pola acción do Espírito, fainos a todos partícipes da Nova e Eterna Alianza de Deus coa humanidade, na Pascua do seu Fillo. De María recibimos o froito do seu ventre, o alimento de salvación, o xermolo de vida.
Conflúen na celebración das Pascuillas varios aspectos da nosa vida cirstiá:
A peregrinación: cada parroquia encamíñase cara ao santuario nese sentido de pobo de Deus que non está quedo, senón que camiña. Unha Igrexa en saída como nos dí o papa Francisco. Saír para ir ao encontro do Señor.
Un sentido alegre e festivo da fe. Unha romaría alegre e viva que mostra esa alegría non superficial, senón, afondada na fe que nos ten traído ata A Franqueira.
Unirnos coas otras parroquias. Non somo illas, nin estamos aillados, somos unha Igrexa en comunión, na que os vínculos van máis alá que os afectivos ou os efectivos.
A centralidade da Eucaristía. Non so porque estea no programa ou sexa un costume, senón, a celebración da Eucaristía é o momento cumbre da Romaría. É a ofrenda da nosa vida unida a Xesucristo.
O ofrenda dos froitos, coma nos tempos do Antigo Testamento, para poñer ante o Señor, non as cousas materiais, senón, a ofrenda do recibido, dos dons de Deus que darán novos froitos de vida.
A procesión que é unha fermosa mostra da multitude de advocacións que enchen a nosa xeografía. A Virxe María está presente nas nosas parroquias dando a vitalidade da fe.
Os saludos, reverencias ou cortesías. Os costumes de saúdos entre as parroquias e cando chegan, é a herdanza recibida, que temos que coidar, respectar e entender comoparte da nosa identidade.
As despedidas na Igrexa non son un adeus, senón, ata o ano,. Un memento emocionante ao marchar de costas sen perder a luz dos ollos da Virxe da Franqueira.
3.- Este ano a presenza de santa Tareixa de Xesús na celebración, representada na imaxe da Cañiza xunto co carmelo teresiano de Vigo, Sabarís e O Rosal, é un reclamo para aprender da santa de Ávila a vitalidade da fe e do amor de Deus.
So me queda dicir a todos os peregrinos benvidos e que a Virxe da Franqueira, que nos acolle co seu amor materno, nos protexa e coide.
Feliz festividade das Pascuillas
Javier Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario