miércoles, 26 de junio de 2024

SAN PAIO MARTIR

 


Hoxe celebramos ao noso infante mártir Paio. Cativo, posiblemente, pois non era máis que un neno de trece anos, pero enorme a súa valentía, ao ofrecer o seu corpo como testemuña de fe diante de quen lle requería deixase o amor dos amores, Cristo Señor. A nosa Diocese de Tui-Vigo contempla a gloria dos seus fillos no signo dun mozo que é exemplo de entrega xenerosa. Este 26 de xuño de hai ben séculos, pois o acontecemento sucedeu no 925, na Córdoba dos califas a voz rexia estrondou e fixo fortes aos febles e quen podería ser derrotado foi vencedor no martirio.

Moitas igrexas en Galicia levan o patrocio de Paio, e o seu nome é signo de entereza e arraigo. Hoxe celebramos a gloria de que foi amado, e sendo así querido, deunos testemuña de amor. Nesta tarde soalleira no santuario da Franqueira honramos unha pequena reliquia deste valente conveciño da nosa terra galega. 

Nenos e mozos mirade,como a mocidade non é impedimento, para ser testemuña de fe dun poder tan fero. Entregados a Cristo temos moito que aprender, deste neno de aldea, el santo nos ha facer


No hay comentarios:

Publicar un comentario