domingo, 2 de junio de 2024

ABRIR CAMIÑOS DE ESPERANZA

ALI ONDE NOS NECESITAS ABRIMOS CAMIÑOS DE ESPERANZA

Estamos a celebrar a Solemnidade do Santísimo Corpo e Sangue de Cristo. Unha festa que nos lembra a centralidade do Señor Xesús, que, con xesto e palabras, fai visible e alentador o amor entrañable de Deus. Noné unha verba baleira e ausente da realidade, non un xesto asètico que deixe indiferente. Todo o que Xesús di e realiza leva consigo unha transformación da realidade, comezando coa mesma condición humana que se mergulle no ser de Deus e o infindo de Deus que se fai accesible ao limitado dos homes. Xesús di unha palabra "isto é o meu corpo.. isto é o meu sangue... face isto en memoria miña", e o acompaña, na versión xoánica, cun xesto porse de xeonllos diante dos seus discípulos e lavararlle-los pes. Xesto humillante á vista deles, xesto noble no corazón de Cristo. Xesto que segue a ser ensinanza vital para quen quere encamiñar a vida cara o amor pleno.

O celebrar esta festividade, convídasenos a que poñamos a nosa ollada na caridade que exerce a Igrexa da man de Cáritas nos seus diversos servizos. Non é unha ONG, nin unha institución máis, é e pretende seguir sendo a expresión da caridade da comunidade cristiá. Os cristiáns non so damos resposta ás demandas que se nos presnetan por parte das persoas, senón que queremos ser resposta ás inquedanzas máis fondas do seu humano que se sente necesitado na súa integridade, e non so do que precisa no ámbito material, senón na necesidade máis fonda que abra camiños para seguir esperando de forma activa o que está chamado a ser.

Pensemos cada un de nós por un intre cales son as necesidades dos nosos concidadáns ás que poidamos acudir para sermoas acompañantes do camiño da vida. Pois o que necesita pode pedir ou non axuda, pero, nós temos que ser testemuña, de palabra e cos xestos, de que o tesouro de amor que levamos en cacharros de barro, é un compartir fraterno que se coverte nun ben para todos.

Camiños de esperanza que son accións compartidas que nacen do protagonismo da persoa que, aínda que sexa por recunchiño, albisca unha pequena luz que rompe as tebras e deixa facer

No hay comentarios:

Publicar un comentario