sábado, 22 de junio de 2024

ESCUDO E LEMA DO BISPO ELECTO DE TUI-VIGO



ESCUDO E LEMA DO BISPO ELECTO DE TUI-VIGO

ESCUDO

O escudo episcopal de Mons. Antonio Valín Valdés foi deseñado polo historiador e xenealoxista D. Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés.

Brasonaxe:
De azur, unha estrela de ouro sobre dúas ondas de prata, acompañadas de catro rodelas de goles, cargados dunha cruceta de prata, tres intercalados e un na punta.

O mesmo D. Antonio explica o escudo dicindo:
A estrela. Alusión a María, Stella maris. A figura e a devoción mariana na miña traxectoria sempre foi importante, igual que na diocese da que veño ena que chego. Está no centro do escudo, ben visible, para  manifestar a importancia a esta alusión, e para recordar ese "faro" que nos acompaña e
guía ata Cristo. 
As ondas. Referencia ao mar, presencia no pobo natal, e nas dioceses que me configuran, Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo. Mar que fala da inmensidade de Deus e da Casa común, regalo de Deus, e dos traballos e esforzos de tantos irmáns que viven, loitan e morren no mar. Mar que une realidades e
culturas diversas, que fala de diálogo, encontro, comuñón, de fraternidade.
As cruces. aluden ao liñaxe dos apelidos, liñaxe familiar.

LEMA

O escudo está enmarcado na parte inferior polo lema "Caritas Christi urget nos" (2 Cor 5, 14). 
Esta frase, segundo D. Antonio: recórdanos que no amor de Deus, manifestado en Cristo, é o lugar esde o que achegarnos e abrazar ao mundo enteiro, Este amor é o que enche os nosos corazóns e o que nos impulsa a anunciar o Evanxeo e o Reino de Deus. O amor de Cristo é o que nos impulsa a saír e achegarnos a todos, a sermos discípulos amados por Deus e misioneiros desta Boa Nova. Esa caridade
lévanos a comprometernos na transformación da realidade e con cada persoa; a ter un corazón universal aberto ao próximo, a todos, e unha delicadeza especial cos máis desfavorecidos da sociedade, que en palabras de Vicente de Paúl, son "os nosos amos e señores". Todo desde ese amor; todo con ese amor, nada sen ese amor.

O lema do seu episcopado está esculpido en pedra na fachada do Colexio da Milagrosa de Tui fronte á Igrexa Catedral

No hay comentarios:

Publicar un comentario