Onte foi un día moi entrañable na Franqueira. A comunidade monástica do Mosteiro da Transfiguración do Señor, de Trasmañó en Redondela, peregrinou a este Santuario para celebrar o Xubileo da Misericordia. Un grupiño formado por nove monxas pasaron o día no Santuario. Á chegada estiveron un ratiño co grupo de confirmación, deste xeito, coñeceron de primeira man a vocación monástica, a vida das monxas e o seu carisma. Na hora da Misa solemne das 12 da mañá, como é costumae cada mes, fixeron o rito de entrar pola Porta da Misericordia. Aos son dun canto mariano comezamos a celebración. Pausada, como lles gusta a elas, cos cantos preparados para a ocasión e con agradecemento á Nosa Señora. Pedímoslle á Virxe da Franqueira que lles axude a medraren na escoita da Palabra, na oración e no labor de cada día.
Moitas grazas ás benedictinas por este testemuño de fe.
Javier Alonso
A Franqueira
No hay comentarios:
Publicar un comentario