miércoles, 20 de julio de 2016

A FRANQUEIRA: ESCOLA DE VERÁN E HORARIOS

Antiga estampa da Virxe da Franqueira do primeiro tercio do S. XX. A entrada da igrexa conserva o pórtico  antigo

Seguimos a traballar na formación permanente neste xubileo da misericordia. Lembrade que o vindeiro sábado 23 de xullo teremos a terceira sesión da Escola de verán ás 7 da tarde no salón parroquial. 
Nesta ocasión contaremos coa presencia do matrimonio misoneiro Joao e Carla das Comunidades neocatecumenais e que residen actualmente en Vigo. O tema título da ponencia será "Ser cristián no mundo de hoxe. A Misión".
Animarse a participar.

Tamén ter en conta o horario de Misas durante os mese de xullo e agosto
De luns a venres ás 8 da tarde. Tamén os mércores, como é habitual durante o ano, Misa ás 6 da tarde
Sábados ás 6 da tarde
Domingos ás 11 da mañá e ás 5 da tarde




No hay comentarios:

Publicar un comentario