Hoxe é un día grande para a nosa Diocese de Tui- Vigo. Celebramos un xoven mártir, San Paio, San Pelayo, que nos da exemplo de fortaleza dando a súa vida no martirio pola fe. Xa hai séculos, nado en Albeos, Crecente, a comezos do século X. Sobriño do Bispo de Tui, Hermoíxio, foi deportado a Córdoba na loita que mantiñan contra Abderramán. Unha vida sinxela, en plena xuventude, que tivo que mostrar un carácter de adulto. Ante as insistentes propostas de Abderramán, este mozo de conviccións profundas, é quen de darnos unha lección de decisión. O si a Cristo está por enriba de calquera outra proposta: riquezas, praceres, vida cómoda, favores... nada comparado coa grandeza do Señor. A Córdoba musulmana foi testemuña de que un pequeno aldeán galego fora quen de dicir si a Cristo fronte ao coitelo ameazador. O seu sangue derramado coma o do seu Señor fundiuse como manancial de frescura coas augas do Guadalquivir. Os imperios, as riquezas, os exércitos, os pazos reais, as grandezas dos nobres... todo se perde e queda como lembranza dun historia cruenta chea de loutas e asasinatos, de roubos e mentiras. En troques, a sinxeleza e humildade, a valentía da nobreza do corazón, a verdade, a bondade e a pureza, permanecen para ensinarnos que a nobreza do home está no que Deus pon nel, non o que logra para o seu propio pracer. Paio percorre a Península de sur a norte ata descansar en Oviedo, estando tamñen parte das súas reliquias en Tui, e por suposto, no seu pobo natal. Hai anos foi tamén netragada unha esquirla a este Santuario da Franqueira como agasallo e testemuña do xoven mártir, que, sen lugar a dúbidas, visitaría tamén o antigo mosteiro da Nosa Señora.
Hoxe, San Paio, danos a claridade da mirada xuvenil para dicirlle si a Cristo.
Nosa Señora da Franqueira, axúdanos a non doblegarnos ante as dificultades da vida e sermos testemuñas da fe.
Feliz día
Javier Alonso
A Franqueira
26-06-15
No hay comentarios:
Publicar un comentario