jueves, 19 de marzo de 2015

¿DE QUEN VES SENDO?


Esta pregunta fanna moitas veces os maiores cando queren coñecer a alguén. E tí, ¿de quén ves sendo?. Sabendo as raíces coñecemos a árbore, sabendo a procedencia sabemos os costumes, coñecendo a súa orixe sabemos a historia. Os xudeos do evanxeo deste venres, estamos xa nas últimas semanas, venres de coresma, día de abstinencia non o esquezamos, pois, este xudeus non consideraban un Mesías- Salvador do que se lle recoñece a súa orixe. Cristo, rostro, icono, manifestación do Pai amósanos a identidade, a orixe, a historia, os costumes de Deus. Seguimos a considerar a Deus como alguén sin rostro, ou ben pintado en cadros, ou imaxes, e que non moleste nin interveña se non llo pido, que non descubra quen realmente son, senón que estea como ausente ata que o precise. Pero era, e segue a ser, escandaloso que Deus camiñe connosco, que acepte as nosas rebeldías, que cambie os nosos corazóns, que transforme as nosas vidas. Estamos tan instalados nas nosas comodidades que, nin ese Deus que estorba e molesta, poderá cambiar os nosos costumes e pensamentos. 
Permitídeme que engada unha curiosidade do texto de San Xoan: "Xesús berraba". A Xesús sáelle unha palabra que grita ante o mundo, un berro denunciante das nosas comodidades que nos impiden movernos para coñecer ó Pai. Será na fin da súa vida mortal, na última cea, cando Xesús, na intimidade do Cenáculo rece e pida que vivamos unidos ó Pai en El, que todos sexamos un. Aceptar a Xesús á estra disposto a ser un co Pai polo Espírito.
(Xoan 7,1-2.10.25-30)

Achéganse os días santos, hoxe, venres de coresma, non nos esquezamos de unir as nosas penitencias polos que máis padecen. 

Feliz día
Javier Alonso
A Franqueira
20-03-15

No hay comentarios:

Publicar un comentario