lunes, 14 de noviembre de 2016

CLAUSURA DO XUBILEO DA MISERICORDIA




A tardiña do pasado domingo clebrouse a clausura do Xubileo da Misericordia na nosa diocese, así como nas de todo o mundo, dando grazas a Deus. deixo o texto leido á fin da celebración.

VERBAS FINAIS NA CLAUSURA DO XUBILEO DA MISERICORDIA
Loado sexa Xesucristo, rostro misericordioso do Pai.
Na fin deste Xubileo Extraordinario da Misericordia damos grazas a Deus por termos chamado a vivirmos este tempo de graza. Foi este o tempo de achegarnos, polo don do Espírito, ao corazón entrañable do Pai que nos acolle cando volvemos arrepentidos e doentes polo pecado. Impulsa o noso facer para vivirmos as obras da Misericordia como compendio da acción do seu amor nas nosas vidas.
Agora, facendo balance deste ano, so podemos dar grazas. Hai case un ano foron abertas as portas da Misericordia nesta Igrexa Catedral, na Concatedral de Vigo e nos Santuarios de Fátima e María Auxiliadora de Vigo, na Franqueira e na Antiga Colexiata de Baiona. Grazas aos seus párrocos e ao Cabido polo traballo realizado. Foron moitas parroquias, grupos, familias que se encamiñaron para, entrando nestes templos celebrar o Sacramento da Reconciliación. A nosa Diocese tamén é entrada do Camiño Compostelano, o que fixo deste vieiro, camiño da gran perdoanza, lugar de encontro con xentes de moitos lugares que nos lembran a nosa condición de peregrinos.
Tivemos, asemade, a oportunidade de renovarnos nunha intensa coresma coa que toda a Diocese foi convidada a celebrar as 24 horas para o Señor como momento intenso de oración e de reconciliación.
Non so as parroquias e arciprestados, senón tamén, diversos sectores da pastoral; catequese, pastoral da saúde, xuventude, familia, movementos e asociacións; así como os sacerdotes, relixiosos e relixiosas, consagrados, as delegacións e grupos, fixeron súa a chamada a vivir nas tarefas cotiás o extraordinario deste ano.
Hai unhas semanas un grupo de peregrinos presididos polo bispo peregrinamos a Roma. Alí o Papa, na súa catequese, lembrounos a importancia das Obras de Misericordia. Esta diocese entrega como xesto diocesano a esmola deste ano Xubilar, a través de Cáritas, o resultado da colleita e que quere ser un achegamento á realidade dura dos Refuxiados e Cristiáns perseguidos. Ata o de agora reuníronse 22.000 € que son o agarimo cercano aos que sofren e expresión da vivencia da misericordia.
Para non ser extenso, dicir so grazas. Grazas a Deus, grazas ao equipo de traballo e grazas a todos por este camiño que fixemos xuntos.
As portas da misericordia non están pechadas porque o corazón do Pai está sempre aberto.
Que a Virxe María, Raíña da Misericordia, nos ampare baixo o seu manto.
Xabier Alonso Docampo

Delegado Episcopal para o Xubileo da Misericordia

No hay comentarios:

Publicar un comentario