lunes, 14 de noviembre de 2016

MERCADILLO SOLIDARIO NA FRANQUEIRA

O próximo mes, os días 8 solemnidade da Inmaculada Cocepción e o domingo seguinte, día 11, celebramos no Santuario da Franqueira un mercadillo solidario organizado polo grupo de Cáritas interparroquial. Ademáis do mel, que habitualmente temos á venda para a recadación de fondos, teremos outros productos. As persoas que queoran colaborar poden entregar productos que nos faciliten este avento. Xa dispoñemos dalgunhas cousas que sirvan para facer un pequeno agasallo no Nadal, pero recollemos cousas en bo estado: cadros, louza decorada, figuras, libros, discos. Non recollemos roupa para a venda, a non ser que estea empaquetada e sen estrear. Poden poñerse en contacto connosco por teléfono 986.69.79.79/ 609.47.25.91/ info@afranqueira.org 
O Mercadillo se celebrará no adro do santuario en horario de maña e de tarde
Moitas grazas a todos





No hay comentarios:

Publicar un comentario