miércoles, 30 de noviembre de 2016

DESPEDIDA



Estamos afetitos a ver nos últimos días estilos ben distintos de óbitos de persoeiros insignes. Onte deixounos un sacerdote, antigo misioneiro en África e bo amigo. Non pretendo facer un panexírico de quen foi o meu párroco durante moitos anos e, na miña infancia, fixo posible aquel soño de cativo de ser sacerdote. Waldo, vigués de nacemento, adicou a maior parte dos seus anos ministeriais ás parroquias redondelanas de Trasmañó e Cedeira. A parroquia anterior fora a cañicense de Valeixe, e tanto nesta, onde comezara unha experiencia de mozos con inquedanzas misioneiras, como nas últimas, sempre viviu dúas liñas esenciais que marcaron o seu labor. Por un lado as súas lembranzas e aventuras misioneiras en África como misioneiro da Congregación dos Misioneiros espiritanos e a outra moi ligada a ésta, a inculturación da fe, da que foi profesor no seminario e un defesor do uso da língua galega na Igrexa. 
Non esquecerei o primeiro día que pisei o seminario de Tui da súa man, e que, supuso acceder ao cursiño de ingreso e despois facer todo este vieiro vocacional. Foi un acompañante no camiño e do cal teño sempre unha débeda de agradecemento con el. Por todo quero dar grazas a Deus e convidarvos a que poñamos a nosa oración agradecida ao Señor. 
Nestes meses estamos a despedir a moitos dos nosos compañeiros sacerdotes, e, é o momento de pedir a todos que recemos e fagamos moito pola promoción das vocacións sacerdotais.  Somos unha familia que se vai facendo maior e cansa, e, necesitamos que os xoves sigan a escoitar a invitación do Señor a seren pescadores de homes.

Hoxe, día de Santo André, patrono de Cedeira, encomendo á protección da Virxe María e dos santos ao noso querido Waldo.

Unha aperta amigo, moitas grazas Waldo

Xabier Alonso
A Franqueira
30-11-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario