Deus, na súa Misericordia, concedeunos o don de asomarnos ao seu amor entrañable.
Neste Ano Xubilar temos recibido do Señor dons infindos que son a mostra do seu amor para connosco. Desde que foi aberta a Porta da Misericordia foron moitos os peregrinos que, de xeito organizado, viñeron gañar as grazas xubilares. Así, segundo os datos, asemade dos grandes encontros que son as Romarías na Honra da Virxe da Franqueira, acudiron a este santuario preto de 2.000 peregrinos que celebraron a fe. Grupos parroquiais, familias oo asociacións, que, acompañados a maior parte polos seus sacerdotes, celebraron a Eucaristía e o Sacramento da Reconciliación.
Tamén entregáronse sobre 2.300 documentos acreditativos dos que fixeron o camiño a pe, a cabalo ou en bicicleta e que nos pediron esta acreditación como lembranza da súa peregrinación. Non contabilizamos os peregrinos das parroquias que veñen en Pascuillas, que son números moito máis elevados, pero que actualmente nos resulta imposible atender. Teñamos en conta que nesta ocasión á celebración das pascuillas peregrinaron 62 parroquias e que na Misa solemne acudiron en torno a uns 8.000 fieis.
A celebración do mes de setembro desbordou unha vez máis. Durante as fins de semana foron centos os peregrinos chegados a pe e milleiros os que acudiron nos días solemnes das romarías.
Durante o ano foron tamén moitas persoas as que se achegaron a celebrar o Sacramento da Reconciliación.
Por outra banda, a recadación para o signo diocesano a favor dos refuxiados e cristiáns perseguidos chegou aos 2.700 € que foron entregados á Cáritas internacional.
Podenciouse o traballo de Cáritas interparroquial atendendo a un bo grupo de familias en toda a bisbarra da Paradanta.
En distintos lugares foron colocadas carteleiras alusivas ao xubileo coas imaxes do Bo Pastor, o Bo Samaritano e o Pai Misericordioso, axudando con frases do Evanxeo a vivirmos este ano tan especial.
Tamén foron publicados materiais específicos para vivirmos este ano na Franqueira.
Quero pois dar as grazas a todos, tamén de xeito moi especial aos que dedican o seu tempo a atención do santuario de forma altruista e xenerosa.
Grazas á Nosa Señora da Franqueira por ternos dado esta oportunidade para celebrar este acontecemento tan especial.
A celebracion da clausura na Catedral será o domingo 13 ás 5,30 da tarde
No santuario da Franqueira celebraremos as Misas dominicais dando grazas por este ano no horario habitual
Sábado ás 6 da tarde
Domingo ás 11 da mañá e ás 5 da tarde
No hay comentarios:
Publicar un comentario