Cristo resucitou. Aleluia
Ti es o Pan do ceo, novo maná
Este é o estribillo do famoso canto de comuñón inspirado no texto do Evanxeo deste día. Seguimos afonsando no capítulo sexto de San Xoan. Comeza o diálogo de Xesús cos que disfrutaron dun grandioso manxar, sinxelo pan e peixe, pero significativo pois anticipa o auténtico alimento: o Corpo do Señor. Somos famentos e temos unha fame inmensa, neste tempo de misericordia e de compaixón. ¿Onde imos alimentarnos?. Temos fame de paz e de ledicia ¿a quén imos acudir?. Somos mendigos de amor e tenrura ¿de quén imos recibir?.
Ás veces somos como estes que falan con Xesús e presumimos, como autosucientes e téndonos nós sos como referencia, (esta é unha denuncia continua do Papa Francisco lembrándonos que non nos vexamos tanto para nós mesmos). Recoñezamos que non podemos acudir a ninguén máis que ó Señor, ninguén pode saciar, máis aínda, fartar o noso corazón inquedo e necesitado. Como peregrinos no deserto da vida vennos o manxar celestial chegado do Pai.
Ti es o Pan do ceo, novo maná
que para a nosa vida o Pai nos da
Loemos ó Deus, noso Pai, que nos fai partícipes de tan grande agasallo.
Eu imaxínome que alguén non crente, que non tivera nunca escoitado falar de Cristo, que entrase nas nosas igrexas e nos contemplase con curiosidade vendo como celebramos a fe, e como nos preparamos para recibir a comunión. Creo que nalgunha ocasión se lle dixésemos "imos comulgar ó noso Deus", esbozaría un leve sorriso compracente coa incredulidade propia de quen dice "xa, seguro". Fállanos un pouquiño ese recollemento propio da acollida do Misterio do Amor sobrenatural que nos embarga nese momento. Meu Deus, non deixo de sorprenderme como te humillas entrando na nosa vida pecadora, pero ahí radica a grandeza do teu amor, entras na nosa historia para prolongar a presencia e ese amor na vida cotiá. Así, santificados por Ti, sermos "sagrarios vivos" que fagamos presencia da túa misericordia.
(Xoan 6,30-35)
Nosa Señora da Franqueira, axúdanos a preparármonos cada día para o gran encontro co Señor.
Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira
21-04-15
No hay comentarios:
Publicar un comentario