Desde hai días estabamos esperando o desenlace inevitable do falecemento de Pepe, D. José Álvarez Gil, sacerdote de Xesucristo. Coa súa edade madura entrou no quirófano sabendo que non era unha loita doada. Entrou coa paz que sempre lle caracterizou, coa serenidade de quen está nos brazos da súa nai, coa ollada limpa de quen ten o corazón pleno de Deus. D. Xosé foi o sacerdote discreto, prudente, silencioso, servidor, entregado, disposto a todo e que o soportou todo. Alguén que lea isto pode pensar o que habitualmente dicimos, cando un fallece enchémonos de loanzas, pero, calqueira que o teña coñecido e tratado, sabe que me quedo corto nas verbas. Pero non quero loar a Pepe, senón, darlle grazas a Deus por todo o que aprendimos grazas a el. O Señor deunos en Pepe unha lección, o que é ser sacerdote, auténtico sacerdote. E foise como viviu ensinándonos no que era catedrático, a humildade. Desde a cama do hospital eu sentía como nos bendicía, non deixaba de coidarnos cos seus consellos, de unirnos, como tantas veces, en torno á mesa dos amigos, no diálogo, na oración, no sentírmonos Igrexa. So lamento unha cousa, que non teña aproveitado máis o que D. Xosé ensinou. Porque non ocupou unha cátedra na universidade, pero era mestre da vida, mestre nas cousas de Deus, médico dos corazóns doentes.
Pepe marchou a noite do Xoves Santo, non podería ser doutro xeito, o día sacerdotal, facendo o servicio de dicirnos o que é a fe. El sabía o que significaba lavar os pes dos necesitados. Abriuse a porta do ceo para el na mañanaciña do Venres Santo, porque será sepultado no descanso do Señor do sepulcro. Fixo da súa vida unha lección, e danos, no último instante a lección da Pascua. Morreches con Cristo para resucitar con El.
Que a Nosa Señora, a quen lle rezabas continuamente o Rosario, te agarime no seu colo.
Gracias Señor
Gracias Pepe.
A Franqueira
03-04-15
Pepe foi para mín o meu mestre, o meu amigo. Entrei na Catedral de Tui, como acólito no verán de 2010. Nos coñecimos unha vez que tiña que substituir a D. Ricardo na misa de unha da tarde, e esa vez dinme conta da sabiduría que tiña Pepe. Vímonos un montón de veces na Catedral de Tui, e incluso cando iba para a Residencia de San Telmo, xa que eu ás veces iba a camiñar pola zona vella de Tui. A última vez que nos vimos foi en outubro do ano pasado, e ahí dinme conta de que algo lle estaba pasando a Pepe, e non sabía do que se trataba. Cando entereime da morte de D. José, que foi por medio da páxina web do Bispado (www.diocesetuivigo.org), viñéronse a miña cabeza tantos e tantos recordos daquelas misas que compartíamos en Tui. Grazas Pepe, por haber guiado moitas almas, especialmente a miña, durante estes anos.
ResponderEliminar