domingo, 15 de julio de 2018

VIRXE DO CARME. DIA DO MAR, DAS SÚAS XENTES.



Xa soan a vésperas e temos que tocar, cantar e rebulir de gozo deste día da nosa Nai. As xentes mariñeiras, homes e mulleres, acostumados a bregar, saír ás duras, mollarse e traballar, hoxe elevan a ollada á Estrela do Mar. Guiera do norte que trae a paz, pois no seu colo agrarimado trae este rapaz. Meniño de ollos vivos, sempre abertos e vivaz, espabilado e sorrinte, ése, o Fillo do imortal. Eeterno máis que o tempo, alegre máis que o sol, aberto ao horinzonte que o mar no que se entra en comunión. Neste día, as xentes do mar, enxendrados no rumor das olas ao golpear os penedos duros que se converten en hortas fecundas de bo manxar. Que bo é o facedor, que no que nós non vemos máis que dura pedra, el pon a vida mollándoa coa auga que bate sen parar. E o que da medo penetrar, o infindo horizonte faise despensa do famento camiñar. Este mar, que non ten con quen casar, pois da dozura e do pracer, pasa sen pensar a brabura e o roncar que ensordece e inxusta morte trae ao fogar. 
Bágoas que fenden as meixelas rosadas do solpor son a mágoa dos que foron a durmir baixo o manto azul deste mar. As frores e cantos, os rezos e choros, non se esconden co sol, senón que volven ser esperanza da man da nosa Nai.
Ahí vai para ti María, a nosa pregaria pola nosa xente, por este mar

AVE MARIS STELLA
Salve, estrela do mar

Salve, estrela do mar, 
venerada Nai de Deus 
e sempre Virxe, 
porta feliz do Ceo

Ave recibiches 
de boca de Gabriel: 
sostennos na paz 
trocando o nome de Eva

Ceiba das cadeas ós presos, 
alumea ós cegos, 
líbranos dos males, 
e acádanos tódolos bens.

Amósanos que eres nosa naiciña 
e reciba de Ti as pregarias 
o que por nós naceu 
e quiso ser Fillo teu.

Virxe singular, 
de entre todas humilde.
Fai que, limpos de culpa, 
sexamos humildes e castos.

Danos unha vida pura, 
prepáranos un seguro vieiro, 
para que vendo a Xesús, 
sempre nos aledemos.

Loanza a Deus Pai,, 
toda honra a Cristo 
e ó Espírito Santo: 
ós Tres honor igual. Amén.



Xabier Alonso


No hay comentarios:

Publicar un comentario