domingo, 22 de julio de 2018

DESCANSAR EN TÍ QUE ERES COMPASIVO




En ti, Señor, atopo acougo. Ti, o Bo Pastor, conduces a miña vida ás fontes refrescantes. Na tarefa de cada día, ti ves na nosa busca, saes ao noso encontro, guíasnos, pois andamos descarreirados, cansos e sen rumbo.
Neste domingo descóbresnos o teu corazón inmenso, que supera o mesmo cansanzo, para volver a túa ollada sobre nós. Contemplas este mundo desacougado, inmerso nunha dinámica de sen saber onde ir. Porque o que máis cansa non é vivir, traballar, gastar as forzas no bo, no xusto, no verdadeiro, senón, gastala inútilmente. E cantos, cada día, erguen da cama, van ao traballo, loitan por sobrevivir e sen senso, sen saber para qué. Ti nos das a lección nos máis febles, cada pequena cousa é unha victoria, un avance é un gran paso, porque a esperanza mantense firme. O que se sente seguro de si mesmo, nas súas cousas, na súas satisfaccións, logo se atopa no vacío.
Vota a túa ollada compasiva sobre nós. Dános a forza do teu Espírito, ensínanos o camiño da vida, fortalécenos coa túa presenza.
Na ribeira do mar da vida atopamos en ti acougo e descanso, Bo Pastor.

Virxe María, axúdanos matermos un corazón pobre e humilde, axúdanos a termos a docilidade da confianza no amor entrañable do Pai Bo.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Cando voltaron a reunirse con Xesús, os apóstolos contáronlle canto fixeran e ensinaran. El díxolles:
-Vide vós comigo a un lugar arredado, e descansade un pouco.
Eran moitos os que ían e viñan, e nin para comer atopaban tempo.
Fóronse sós na barca a un lugar arredado. Pero, ó velos marchar, a xente foinos seguindo por terra desde tódalas vilas, e chegaron primeiro ca eles. Así, cando desembarcaron, atopouse cunha grande multitude. El, conmovido, porque eran coma ovellas sen pastor, púxose a predicar ensinándolles moitas cousas.


Feliz domingo
Xabier Alonso
22-07-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario