Comezamos o terceiro día da novena, sen darnos conta pasan os días e cada vez estamos máis preto da grande celebración do Nacemento da Virxe María. Hoxe contemplamos o Misterio do nacemento de Xesús, o Fillo de Deus e lembrámonos tamén do Misterio da vida que se fai alegría e esperanza nos nados. Nunha sociedade avellentada, maior, cansa non é doado falar de ilusión e esperanza, pois as novas que cada día recibimos son de enfermidades e defuncións. Decía un amigo, cando nos pobos se fan residencias de vellos e se pechan os colexios é que ese pobo vai morrer.
Neste día recollemos o testemuño da ledicia desbordante que destaca nos primeiros capítulos de San Lucas. Nos relatos da infancia podemos dicir que hai dúas notas que caracterizan a presenza da Salción, a ledicia e o movemento. Ledicia que comunican o anxo a María, o neno que brinca no ventre de Isabel, no canto desbordante da miserciordia que proclama María, e hoxe vemos o anuncio no canto dos anxos aos pastores. Eles cheos de ledicia van ás carreiras, esta é outra nota de Lucas, e depresa vai maría pola montaña, e saír teñen que vir para que o neno naza en Belén.... saír, pois esa é a acción de Deus á humanidade. Vémolo cando Xesús comeza a súa misión en Lucas 4, na sinagoga e di "o Espírito do Señor está sobre min, .... unxido para levar a ledicia... para anunciar o ano de gracia do Señor".
Benqueridos amigos e amigas, enchamos este munda da luz do nacemento do Salvador, proclamemos a ledicia da súa presencia, alegrémonos e poñamos a esperanza do que está por vir, saiamos ao encontro dos que viven na tristura e no cansanzo.
Nosa Señora da Franqueira, ti que tes un sorriso sereno para todos, alédanos no teu Fillo, rostro misericordioso.
Feliz día
Javier Alonso
A Franqueira
1-09-16
No hay comentarios:
Publicar un comentario