martes, 6 de septiembre de 2016

8. NOVENA Á NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA



A ollada misericordiosa. Este pode ser o resumo da predicación de D. Xesús Carracedo no primeiro día do tríduo. Unha ollada a de Cristo que pon no centro ao home necesitado, unha ollada que nos ensina a nós a poñer o corazón na miseria dos homes. A ollada misericordiosa que sanda e que libera o corazón facéndonos portadores da vida.
Volve os teus ollos misericordiosos, lembrounos D. Xesús, referíndose á Nosa Señora. Ela volve, pon en nós os seus ollos de nai para non sentirnos orfos e sos. 
Seguimos a camiñar e restan poucas horas para que esta aldea se converta nun fervedoiro de xentes de todas partes. Xa o foi o domingo pasado, agora chegan os días grandes e centrais da nosa devoción mariana. 
Xa remataron de ensaiar a xuventude da parroquia que farán as danzas na honra da Virxe e farán tamén a delicia de todos o que aquí veñan.
Lembrade os horarios
hoxe ás 8 do serán: rosario, novena e Misa. A fin teremos unha pequena conevrsa con D. Xesús, misioneiro da misericordia.
Mañá día 7 Misas ás 9, 10 11 da mañá. Ás 12 Misa solemne e procesión coas danzas e o drama do crisián e o mouro.
pola trade misas ás 6, 7 e 8 coa novena.
9 da noite procesión de antorchas co rezo do rosario

feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira
07-09-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario