A parroquia covelense de Prado da Canda celebra esta fin de semana a festividade da Virxe do Rosario. Unha celebración cheíña de detalles de amor á Virxe María. Despois destes días adicados á Novena finalizámola mañá sábado co rezo do Rosario ás 6 da tarde e a Misa solemne na que a venerada imaxe da Nosa Señora sae da igrexa parroquial para percorrer os camiños darredor acompañada pola danzas que a mocidade, recollendo o testigo dos maiores, realizan na súa honra. Chegados ao adro bailan diante dela as catro parellas de danzantes dirixidos por un guía. Unha longa danza que se repite no domingo, día grande das festas, cando ao rematar a Misa solemne ás 12,15 do mediodía volven a sacar as fermosas galas coa que se adornan para danzar diante da nosa naiciña.
Asemade a parroquia de Prado da Canda garda con moita veneración un pequeno, en tamaño, pero gande en simbolismo, un tesouro que nestes días está posto ña veneración dos fieis. Nun relicario consérvanse unha astilla da árbore da enciñeira na que no seu día tiveron lugar as aparicións da Virxe María en Fátima, onde se lle recoñece co título de Nosa Señora do Rosario de Fátima, así como dúas esquirlas dos ataúdes do beatos Francisco e Xacinta.
O día 7 de outubro, día propio no calendario litúrxico da Virxe do Rosario tamén celebramos a Misa ás 12 da mañá cunha pequena procesión, coa que damos fin a este días grandes nesta parroquia.
O rezo do Santo Rosario é unha invitación a adentrarse na contemplación, con maría, dos Misterios da nosa Salvación.
Felices festas
Javier Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario