lunes, 5 de septiembre de 2016

7.- NOVENA Á NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA


Quedan tres días para a celebración solemne do Nacemento da Nosa Señora. Estes días pasados foron intensos. Neles achegámonos aos cativos, consagradas á Virxe e recibindo dela o agasallo do seu cumpreanos. Onte á tarde foi se caba máis intenso rezando polos enfermos, ou máis ben, rezando cos enfermos, porque todos sabemos o que é a enfermidade, e o Señor ven sandar as do noso corpo  e as da nosa alma. Neste xubileo lembramso a importancia das obras de misericordia, e unha delas como é a de visitar e coidar aos enfermos. Rematamos o día cun concerto oración a cargo da Comunidade Caná.
Hoxe comeza o tríduo solemne que predicará D. Xesús Martínez Carracedo, sacerdote da nosa diócese, delegado de Pastoral da Saúde, Vigairo parroquial no sagtrado Corazón de Xesús de Vigo e director do departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española. Pero nesta ocasión témolo entre nós por ser Misioneiro da Misericordia, designado polo Papa Francisco para este traballo. Como misioneiro ven a convidarnos a afondar no esencial da nosa fe, o encontro co amor bondadoso do Señor que nos da a súa paz e o seu perdón, que nos convida a vivirmos a súa misericordia.

Aproveitemos ao máximo este días, vivámolos coa intensidade de quen quere vivir a fondo a fe.

Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira
05-09-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario